Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2000 Páx. 6.624

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN GALICIA-EUROPA

ANUNCIO do 6 de abril de 2000 polo que se amplía en catro o número de bolsas dirixidas a licenciados universitarios que obteñan ó longo do ano 2000 unha estadía non remunerada nalgunha das institucións comunitarias.

Por anuncio do 5 de novembro de 1999, publicado no Diario Oficial de Galicia número 224, do 19 de novembro, convocáronse catro bolsas para a concesión de axudas económicas que financiasen a estadía en Bruxelas de licenciados universitarios que fosen aceptados por algunha das institucións comunitarias ó longo do ano 2000.

Tendo en conta o número de peticionarios que teñen cursadas as súas solicitudes e que satisfacían os requisitos de expediente académico e coñecemento de linguas, entre outros, admitidos polas diversas institucións comunitarias, considerando a existencia de remanentes orzamentarios e a concorrencia dos fins fundacionais que aconsellan reforza-la presencia de titulados galegos no cerne das entidades decisoras da Unión Europea, a Fundación Galicia-Europa amplía en catro bolsas adicionais as xa convocadas polo devandito anuncio, mantendo inalterado o prazo xeral de presentación de novas solicitudes ata o 15 de setembro do ano 2000.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2000.

Jaime Pita Varela

Secretario xeral da Fundación Galicia-Europa