Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2000 Páx. 6.624

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2000 pola que se anuncia concurso para a contratación das obras de remodelación do complexo deportivo da avenida do Recinto Feiral, s/n (Silleda).

Obxecto e tipo de licitación: a contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, da referida obra do importe de 38.927.235 pesetas.

Fianzas: definitiva do 4% do tipo de licitación.

Clasificación empresarial: grupo G, categoría d.

Plazo de presentación de plicas: vinteseis días naturais, contados a partir do seguinte ó de publicación do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: no Pazo Provincial, ás 12 horas do día hábil seguinte ó da terminación do prazo de presentación de proposicións.

Información e obtención de documentación: Servicio de Contratación da Deputación de Pontevedra. Teléfono: 986 80 41 01.

Pontevedra, 12 de abril de 2000.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado