Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2000 Páx. 6.621

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno, na sesión do día 3 de abril de 2000, aprobou inicialmente o proxecto de urbanización do polígono 1 do Plan parcial do solo urbanizable programado número 3 de Ponte Pedriña, (SUP-3), promovido pola Xunta de Compensación do polígono 1 do SUP-3.

O expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Este anuncio servirá de edicto de notificación, de acordo co previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a todos aqueles que, por seren descoñecidos ou ignorarse o seu paradoiro, non poidan ser notificados persoalmente, e que a seguir se relacionan:

-Maximino García Vidal.

-María Asorey Salláns.

-Hros. de Dolores Gondelle Mareque.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2000.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde