Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2000 Páx. 6.621

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

A Comisión de Goberno do Concello, na súa sesión do 3 de abril de 2000, aprobou definitivamente o proxecto de urbanización do polígono 1 do Plan parcial de ordenación do sector do solo urbanizable non programado número 27 (SUNP-27) de Piñeiro, promovido pola Xunta de Compensación do polígono 1 do SUNP-27 de Piñeiro.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno do concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2000.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde