Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2000 Páx. 6.614

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2000 pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas dos contratos administrativos que se citan.

O presidente do organismo autónomo Augas de Galicia, en virtude das facultades que lle confire a Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica de Galicia, modificada pola Lei 2/1998, do 8 de abril, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

-Urbanización para o acondicionamento da ribeira do río Miño ó seu paso por Santa Mariña. (As Neves-Pontevedra).

Adxudicatario: Espina, Obras Hidráulicas, S.A.

Orzamento: 49.194.915 ptas.

-Abastecemento, saneamento e recollida de pluviais en Baltar. (Baltar-Ourense).

Adxudicatario: Obras, Caminos y Asfaltos, S.A.

Orzamento: 75.655.775 ptas.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e 119 do regulamento.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2000.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas

de Galicia