Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2000 Páx. 6.613

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2000 pola que se anuncia o sometemento á información pública da petición de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento de augas con destino á producción de enerxía eléctrica de potencia nominal non superior a 5.000 kVA no río Mero, xunto co proxecto e estudio de avaliación ambiental do concurso AC/115/99.

Neste organismo autónomo, Augas de Galicia, achegouse a petición de outorgamento de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico con potencia nominal de ata 5.000 kVA dun tramo libre do río Mero, presentada cos proxectos das obras e instalacións e estudio ambiental correspondentes.

No anexo que se inclúe máis abaixo transcríbese o peticionario do aproveitamento solicitado, onde figuran os datos máis relevantes que o definen, ademais dunha breve descrición das obras que se van executar. Tamén se fai mención da clase de estudio ambiental achegado polo promotor, logo da cualificación do proxecto do aproveitamento, segundo dispón a lexislación vixente.

Con este anuncio, para lle dar cumprimento ó disposto nos artigos 6 do R.D. 916/1985, do 25 de maio, en concodancia co artigo 2.1º do dito R.D. 916/1985 segundo a redacción establecida polo R.D. 249/1988, do 18 de marzo; e 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, que regulan a avaliación dos efectos ambientais para Galicia, sométese de forma simultánea, unha vez rematadas as actuacións de comprobación e de remisión ás consellerías e organismos competentes por razón da materia dos documentos presentados, ó trámite de información pública, no uso das facultades conferidas polo Decreto 63/1997, do 14 de marzo, a petición e documentación técnica e ambiental que se trata en concreto no anexo para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións estimen procedentes (indicando a clave do concurso sinalada no

encabezamento e o proxecto ou estudio do peticionario ó que se refiran), persoalmente ou

por medio do seu representante con poder suficiente, perante o rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda-Edif. Advos. San Caetano, s/n. 15071. Santiago de Compostela-e dentro do prazo improrrogable de vinte (20) días hábiles.

O prazo comezará a contarse e entenderase aberto a partir da data da última das publicacións que corresponden facer desta resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña. Transcorrido o dito período de tempo non se admitirá nin se terá en conta escrito ningún.

Para os expresados efectos, este anuncio, ademais da súa inserción nos diarios oficiais mencionados, será obxecto de exposición ó público no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Cesuras (A Coruña).

Os que se consideren interesados terán, para os devanditos efectos informativos, á súa disposición copia da petición e dos exemplares da documentación técnica e estudio ambiental para que poidan ser examinados, nos días e horas habituais de oficina, nas seguintes dependencias administrativas:

-Proxectos das obras constitutivas do aproveitamento e das instalacións electromecánicas da central, subestacións de transformación e liñas de media e baixa tensión.

Servicios centrais do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Avda. Rodriguez de Viguri, 47, baixo A-15703 Santiago de Compostela.

Delegación Provincial da Coruña da Consellería de Industria e Comercio: Edif. Advos. Monelos-Praza de Luis Seoane, 1ª planta-15008 A Coruña.

Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental: r/ Feáns, 1-3. 15706 Santiago de Compostela.

-Estudio de efectos ambientais do proxecto.

Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental: r/ Feáns, 1-3. 15706 Santiago de Compostela.

Delegación Provincial de Medio Ambiente da Coruña: Edif. Advos. Monelos-Praza de Luis Seoane, 5ª planta-15008 A Coruña.

Concello de Cesuras: Fonte-Bragade. Cesuras (A Coruña).

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2000.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente de Augas de Galicia

ANEXO

Relación de peticionarios

Peticionario e promotor: Ana Neira Medín.

Enderezo: r/ Posse, 45, baixo-15009 A Coruña.

Denominación do aproveitamento: aprovechamiento hidroeléctrico Coebre.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal de deseño: 1.500 l/sg.

Corrente de derivación: río Mero (cota normal de encoro: 204).

Corrente de restitución: río Mero (cota de finalización: 132).

Desnivel (salto bruto): 72 m.

Altura do azude: 3,5 m (altura sobre fondo de cimentación).

Potencia xerador: 1.250 KVA.

Termo municipal onde radica a toma e demais obras: Concello de Cesuras (A Coruña).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións.

Azude e obra de toma:

O azude será de gravidade de planta recta e altura de 3,5 m sobre fondo de cimentación. A coroación, de cota 204 e lonxitude 20 m, actuará como labio vertente en toda a súa lonxitude.

Na marxe dereita arranca o encanamento forzado, despois dunha cámara de sedimentación.

Cámara de sedimentación o encanamento forzado:

A cámara de sedimentación é de formigón armado e de aquí parte o encanamento forzado, que será de aceiro ó carbono, cun diámetro interior de 700 mm, con lonxitude de 2000 m. O espesor previsto é de 6 mm.

Central:

A central estará nun edificio para albergar tódolos equipos electromecánicos, con dimensións en planta 8 x 5.

Equipos electromecánicos:

A turbina será do tipo Francis de eixe horizontal, cunha velocidade de 750 r.p.m.

O alternador será síncrono, cunha potencia de 1.250 kVA, unha tensión de 6 kV e unha frecuencia de 50 Hz.

Completa o equipamento un transformador de potencia de 1.500 kVA.

Ademais instalaranse diversos equipos auxiliares.

* Afeccións.

Non se efectúa a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento.

* Estudio de efectos ambientais.

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.