Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2000 Páx. 6.606

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se publica a adxudicación da contratación dos servicios de cafetería dos centros de servicios sociais de Celanova e Verín (Ourense).

En cumprimento do disposto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación da contratación dos servicios de cafetería dos centros de servicios sociais de Celanova e Verín (Ourense):

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais-Delegación Provincial de Ourense.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: contrato de servicios.

Descrición do obxecto: anuncio de licitación publicado no DOG nº 18, do 27 de xaneiro de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso público.

4. Canon mínimo de explotación.

Vintecinco mil pesetas (25.000 ptas), 150,25 euros anuais cada un.

5. Adxudicación.

Data: 24 de marzo de 2000.

Adxudicatarias: Consuelo Rodríguez Meléndez e Mª Encarnación Giraldo Alvar, respectivamente.

Importe da adxudicación: canon de vintecinco mil pesetas (25.000 ptas.), 150,25 euros anuais, respectivamente.

Ourense, 27 de marzo de 2000.

Armando González López

Delegado provincial de Ourense