Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2000 Páx. 6.570

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CORRECCIÓN de erros.-Resolución conxunta do 4 de febreiro de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, pola que se ordena a publicación do pacto subscrito pola Administración sanitaria coas centrais sindicais CIG, CC.OO., UGT, CSI-CSIF e CESM-SATSE, sobre selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario para vinculacións temporais nas institucións sanitarias do Sergas e determinados postos funcionariais dependentes da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde.

Advertidos erros na Resolución conxunta do 4 de febreiro de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 39, do 25 de febreiro, cómpre face-las seguintes correccións:

Na páxina 2.519, no punto 4 do punto IV. Experiencia profesional, onde di: «2 puntos por cada pacto ata un máximo de 6 ou puntuación proporcional», debe dicir: «2 puntos por cada ano, ou a puntuación

proporcional para cada fracción cun máximo de 6 puntos».

Na páxina 2.521, no punto 4 do punto IV. Experiencia profesional, onde di: «2 puntos por cada pacto ata un máximo de 6 puntos ou puntuación proporcional», debe dicir: «2 puntos por cada ano, ou a puntuación proporcional para cada fracción cun máximo de 6 puntos».

Na páxina 2.526, no punto 4 do punto IV. Experiencia profesional, onde di: «2 puntos por cada pacto na puntuación que corresponde por período fraccionado, ata un máximo de 6 puntos», debe dicir: «2 puntos por cada ano, ou a puntuación proporcional para cada fracción cun máximo de 6 puntos».