Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 19 de abril de 2000 Páx. 6.551

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO VALADOURO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, na sesión extrordinaria que tivo lugar o día 15 de febreiro de 2000, aprobou inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Valadouro. De conformidade co preceptuado no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, ábrese un prazo de información pública por período dun mes, que se computará a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para os efectos de que calquera interesado poida formula-las reclamacións e/ou alegacións pertinentes.

Igualmente, segundo o establecido no artigo 34.2º.3 da Lei 1/1997 do 24 de marzo, do solo de Galicia, queda suspendido o procedemento de outorgamento de licencias, polo prazo dun ano, naquelas zonas do territorio obxecto de planeamento, cando as novas determinacións supoñan modificación do réxime urbanístico vixente.

O Valadouro, 27 de marzo de 2000.

Eulogio Fernández Sampayo.

Alcalde