Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 19 de abril de 2000 Páx. 6.544

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARRAL

ANUNCIO.

A Corporación do Concello de Carral, en sesión plenaria realizada o día 3 de abril de 2000, adoptou, entre outros, o acordo de aprobación inicial o expediente de modificación puntual das normas subsidiarias do planeamento urbanístico, respecto de terreos catalogados como zona verde, sitos na parroquia de Paleo.

O que se fai público para os efectos do disposto no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, co fin de que os que poidan resultar interesados no expediente poidan examinalo nas dependencias do concello durante o prazo dun mes, que comezará a contar desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Carral, 10 de abril de 2000.

Juan M. Vales Rodríguez

Alcalde