Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 19 de abril de 2000 Páx. 6.524

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2000 pola que se anuncia, polo sistema de concurso de procedemento aberto, declarado de urxencia, a redacción do proxecto básico e de execución das obras de construcción dun IES en Cotobade (Pontevedra).

1. entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita: Subdirección Xeral de Construcción e Equipamento.

2. Obxecto do contrato.

a) Descripción do obxecto: redacción do proxecto básico e de execución de obra de construcción dun IES en Cotobade (Pontevedra).

b) Prazo de execución ou data límite de entrega: 30 días.

c) Orzamento base de licitación.

Importe total: 6.428.037 pesetas.

d) Fianza provisional: 2% do orzamento de contrata.

e) Clasificación: non é necesaria.

3. Obtención de documentación e información.

3.1. Información.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (oficina de información).

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n, e delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

3.2. Documentación.

a) Teléfono: 981 59 23 93.

b) Enderezo. r/ Nova, nº12, local 4. Santiago de Compostela (A Coruña).

4. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2ª Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): ata a resolución de adxudicación do concurso.

e) Admisión de variantes (concurso): ver prego.

5. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. (sala de xuntas)

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o cuarto día hábil contado desde o remate do prazo de presentación das proposicións; se coincide en día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: a partir das 12 horas.

6. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2000.

P.D. (Orde 2-12-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria