Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 19 de abril de 2000 Páx. 6.524

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a adxudicación dun contrato de redacción de proxecto.

En cumprimento do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise público que o secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, por delegación de atribucións segundo a Orde do 21 de xuño de 1996, acordou darlle publicidade á adxudicación que se identifica a continuación:

-Redacción de proxecto básico e de execución da obra de construcción do novo centro de ESO en Arteixo (A Coruña).

Adxudicatario: Franco Taboada Asociados, S.L.

-Orzamento: 7.881.245 ptas.

O que se fai público para efectos do previsto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2000.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria