Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 18 de abril de 2000 Páx. 6.469

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OROSO

ANUNCIO.

Aprobada inicialmente polo Pleno da Corporación, en sesión do 7 de abril de 2000, a modificación puntual das Normas Subsidiarias de Planeamento do Termo Municipal de Oroso, relativa ós sectores de solo apto para urbanizar, sométese a información pública por prazo de 1 mes, contado a partir da inserción deste anuncio no boletín oficial da Comunidade Autónoma, durante o cal poderá ser examinado o expediente nos servicios técnicos do concello, para formu-las alegacións que se estimen pertinentes.

Ó mesmo tempo faise pública, como áreas afectadas polo suspensión do outorgamento de licencias de parcelacións de terreos, edificacións e demolicións, as abranguidas no ámbito territorial abarcado pola modificación, toda vez que as novas determinacións supoñen modificación do réxime urbanístico vixente. A suspensión terá unha duración máxima de 1 ano e exitinguirase, en todo caso, coa aprobación definitiva da modificación puntual.

Oroso, 11 de abril de 2000.

Eugenio Neira García

Alcalde