Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 18 de abril de 2000 Páx. 6.468

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CEE

ANUNCIO de contratación da obra de piscina cuberta, primeira fase.

Anuncio de adxudicación, polo sistema de concurso con procedemento aberto e trámite de urxencia, da obra de piscina cuberta, primeira fase, incluída no Plan de cooperación ás obras e servicios de competencia municipal e rede viaria local. Planificación plurianual. Anualidade 2000 e 2001.

1. Entidade adxudicadora.

Concello de Cee.

2. Obxecto do contrato.

Realización da obra de piscina cuberta, primeira fase.

Redactor do proxecto: Luis Gorozarri del Valle.

Prazo de execución: doce meses.

3. Tramitación e procedemento.

Urxente, con procedemento aberto.

4. Forma.

Concurso.

5. Orzamento.

58.638.183 pesetas.

Anualidade 2000: 34.493.049 pesetas.

Anualidade 2001: 24.145.134 pesetas.

6. Clasificación empresarial.

Grupo C (2 e 6).

Categoría e.

7. Garantía provisional.

2%: 1.172.763 pesetas.

8. Garantía definitiva.

4% do prezo de adxudicación.

9. Obtención de documentos e información.

Concello de Cee, rúa Domingo Antonio de Andrade s/n, teléfono: 981 745100, fax: 981 746757.

10. Presentación de ofertas.

Trece días naturais, contados desde a publicación do último anuncio.

11. Documentación.

A que figura nos pregos.

12. Lugar de presentación.

Na Secretaría do Concello de Cee, en horas hábiles de oficina.

13. Apertura de propostas.

Ás 19.30 horas do día seguinte hábil ó de remate do prazo de presentación de propostas; no caso de que sexa sábado, entenderase prorrogado ó día hábil inmediatamente seguinte.

14. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Cee, 23 de marzo de 2000.

Manuel Lamela Lestón

Alcalde-presidente