Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 18 de abril de 2000 Páx. 6.452

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2000, do Servicio Provincial de Estradas de Ourense, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación, polo trámite de urxencia, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto denominado nova estrada do enlace OU-101/C-536, treito: A Granxa-Os Viros, clave: N/OU/96.4.1, termo municipal de Ourense.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desen

volvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras indicadas no encabezamento desta resolución atópanse incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa 413-B, construcción, conservación e explotación de estradas.

Con data do 14 de abril de 1999, procédese á aprobación do proxecto de construcción das obras da nova estrada de enlace OU-101/C-536, clave: N/OU/96.4.1, térmo municipal de Ourense, polo director xeral de Obras Públicas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Con data do 23 de abril de 1999, a Xunta de Galicia procedeu a declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para a mencionada obra por Decreto 130/1999, publicado no DOG nº 89, con data do 11 de maio de 1999.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do Regulamento para a súa aplicación, este servicio, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no Concello de Ourense, para que comparezan no lugar, na data e na hora que se citan para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, o seu valor e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladar ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Casa do concello de Ourense.

Data: 10 de maio de 2000.

Horario: 10 horas a 13 horas.

De: Álvarez, Gabriel a Carballo Vázquez, Manuel.

Data: 11 de maio de 2000.

Horario: 10 horas a 13 horas.

De: Cerreda Barreiros, Daniel a Feijoo Feijoo, Alejandro.

Data: 12 de maio de 2000.

Horario: 10 horas a 13 horas.

De: Fernández Barreiros, Antonio a Pérez Lorenzo, Teresa.

Data: 15 de maio de 2000.

Horario: 10 horas a 13 horas.

De: Pérez, Mercedes a Zorelle Pereira, Sara.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e último recibo da contribución, podendo acompañarse, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido no artigo 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia en Ourense, rúa Sáinz Díez, nº 1, (32071) Ourense, as alegacións que estimen pertinentes con obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Ourense, 3 de abril de 2000.

José Manuel González Sánchez

Enxeñeiro xefe provincial de Estradas de Ourense