Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 18 de abril de 2000 Páx. 6.452

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ARZÚA

EDICTO de poxa (217/1992).

A xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Arzúa.

Fai saber que neste xulgado do meu cargo, baixo o número 00217/1992, se segue procedemento executivo, outros títulos, por instancia de Caixa de Aforros de Galicia, representado pola procuradora Teresa Pernas Grobas, contra Eliseo Crespo Cambeiro, domiciliado en avenida de Toques, s/n, (Melide), Manuela Cambeiro Cambeiro, domiciliada en avenida de Toques, s/n, (Melide), Ramón Crespo Santiago, en Caldebarcos (Carnota), y Maria Fernández Casais domiciliada en Caldebarcos (Carnota) en reclamación de cantidade; nos seus autos acordouse sacar á venda en primeira e pública poxa, por termo de vinte días e prezo da súa taxación, os seguintes bens embargados no procedemento e que ó final do presente edicto se detallarán:

Os bens saen a licitación en dous lotes.

A poxa celebrarase o próximo día dous de xuño de 2000 ás once horas da súa mañá, na sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Lalín, 4-4º planta de Vigo, baixo as seguintes condicións:

1. O tipo do remate será o do valor dado ós bens (é dicir, 3.952.000 pesetas, para o primeiro lote, e 240.000 pesetas, para o segundo), sen que se admitan ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da dita suma.

2. Para tomar parte na poxa deberán consignar previamente os licitadores polo menos o vinte por cento do tipo do remate no establecemento destinado

para o efecto Banco Bilbao Vizcaya, axencia urbana, rúa Ramón Franco, s/n, Arzúa, conta de consignacións número 1510/0000/17/217/92.

3. Soamente o executante poderá cede-lo remate a terceiro.

4. Poderán facerse ofertas por escrito, en prego pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración depositándoo na mesa do xulgado, e xunto co prego, o xustificante acreditativo do ingreso do importe citado no punto número 2.

5. Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o próximo día tres de xullo de dous mil, ás once horas, nas mesmas condicións cá primeira, excepto o tipo de remate que será o setenta e cinco por cento do da primeira; e no caso de resultar deserta a dita segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día un de setembro de 2000, tamén ás once horas, rexendo para esta as restantes condicións fixadas para a segunda.

E para que así conste e sirva de notificación ó público en xeral e ós demandados en particular, expídese este edicto para a súa publicación nos respectivos boletíns oficiais que correspondan.

Dado en Arzúa, o vintecatro de febreiro de dous mil.

O secretario

Rubricado

Relacións de bens obxecto da poxa:

1. Casa en Caldebarcos, sinalada co número 108, dun 100 m. Linda polo leste e oeste, coa vía pública; polo norte, cos herdeiros de Juan Martínez Cambeiro.

2. Predio rústico en Caldebarcos-Carnota, dunha superficie aproximada dunha hectárea, lindando coa estrada.