O conselleiro da Presidencia e Administración Pública dictou, con data do 13 de marzo de 2000, resolución estimatoria do recurso formulado por Jesús Ángel Cousillas Ramos, contra a Resolución do 2 de febreiro de 2000, pola que se fan públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondentes á categoría 6 (axudante de servicios técnicos/oficial 2ª mantemento) (lista A1) do grupo IV.
Dado que o carácter da resolución é estimatorio da petición do interesado, procede dárlle-la debida publicidade ás modificacións provocadas por estas, nas listas publicadas por Resolución do 2 de febreiro de 2000, no sentido de que deben figurar na lista para a cobertura con carácter temporal de postos correspondentes á categoría 6 (axudante de servicios técnicos/oficial 2ª mantemento) (lista A1) do grupo IV, cos datos seguintes:
-Jesús Ángel Cousillas Ramos, DNI: 32.412.317, lista A1, puntuación: 20,130 puntos.
-No posto número 2 para o ámbito D1500.
En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores incluídos na lista correspondente.
Esta resolución non afecta as modificacións e/ou exclusións producidas como consecuencia da propia xestión das listas.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución, ou, directamente, o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, conforme o artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 4 de abril de 2000.
Joaquín López-Rúa Soler
Director xeral da Función Pública