Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 18 de abril de 2000 Páx. 6.421

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se anuncia a exposición pública das listas definitivas das axudas aprobadas e denegadas das prestacións do fondo de acción social do ano 1998 para o persoal transferido do Inem polo Real decreto 1375/1997, do 29 de agosto, e polo Real decreto 232/1998, do 16 de febreiro, ó que lle é de aplicación o acordo sobre criterios de reparto do fondo de acción social para o exercicio de 1998, de data 23 de setembro de 1999, publicado por Resolución do 28 de outubro de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais.

De conformidade co establecido no punto 7º das normas xerais de procedemento do acordo subscrito en Santiago de Compostela o 2 de xullo de 1998, entre os representantes da Administración autonómica e a organización sindical Converxencia Inter

sindical Galega (CIG), representada na mesa xeral de negociación de funcionarios e no comité intercentros do persoal laboral, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o 10 de xullo de 1998 e publicado por Resolución do 17 de xullo de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais (Diario Oficial de Galicia nº 146, do 30 de xullo), deben publicarse as listas definitivas das axudas de acción social do ano 1998 para o persoal transferido do Inem polo Real decreto 1375/1997, do 29 de agosto, e polo Real decreto 232/1998, do 16 de febreiro, afectado pola Resolución do 28 de outubro de 1999 da Dirección Xeral de Relacións Laborais (DOG nº 231, do 30 de novembro).

Finalizados os traballos de reparto e aplicación do fondo de acción social do ano 1998 do persoal do Inem, unha vez transcorrido o prazo de alegacións previsto no punto terceiro da Resolución do 28 de febreiro de 2000 (DOG nº 51, do 14 de marzo), esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as listas definitivas das solicitudes aprobadas e denegadas das prestacións correspondentes ás continxencias de adquisición de vivenda, subvención de préstamos hipotecarios, estudios, educación dos fillos dos traballadores e tratamentos de saúde e gastos de enterro da acción social do ano 1998, que están expostas no taboleiro de anuncios das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude e das súas delegacións provinciais.

Segundo.-Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da data de publicación desta resolución no DOG, de acordo co previsto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública