Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 17 de abril de 2000 Páx. 6.402

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Escuelas de Música y Centros no Reglados de Enseñanzas Musicales de la Comunidad Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolve

mento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Escuelas de Música y Centros no Reglados de Enseñanzas Musicales de la Comunidad Autónoma de Galicia que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación as persoas titulares de empresas de ensino privado que se dediquen ó ensino musical nas escolas de música e centros non regrados.

Asinan a acta de constitución: Cristina Goas Casal, e tres persoas máis.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2000.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais