Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 17 de abril de 2000 Páx. 6.402

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia a nova redacción dos estatutos da Federación de Empresarios Farmacéuticos de Galicia (Fefga).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, se presentou o día 14 de febreiro de 2000, certificación expedida pola secretaria da devandita federación, Isabel Vallejo Díaz, avalada co visto e prace da presidenta, Amparo Salgueiro Martínez, na que se reflicte o acordo acadado na Asemblea Xeral Extraordinaria, que tivo lugar o 13 de decembro de 1999, e que consiste nunha nova redacción dos estatutos.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2000.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais