Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 17 de abril de 2000 Páx. 6.372

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

PRESIDENCIA

DECRETO 84/2000, do 6 de abril, polo que se dispón o nomeamento do presidente do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido no artigo 8, parágrafo primeiro, da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, por proposta conxunta dos conselleiros de Economía e Facenda e de Xustiza, Interior e Relacións laborais e logo de consulta ás entidades, organizacións e asociacións lexitimadas para ter representación no consello,

DISPOÑO:

Artigo único.-Noméase presidente do Consello Económico e Social de Galicia a Luis Suárez-Llanos Gómez.

Santiago de Compostela, seis de abril de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente