Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 17 de abril de 2000 Páx. 6.372

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 83/2000, do 6 de abril, polo que se dispón o cesamento do secretario xeral do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido no artigo 10 a) da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, e no artigo 44 do seu Regulamento de réxime interno, publicado no DOG nº 114, do 11 de xuño de 1996, por proposta conxunta dos conselleiros de Economía e Facenda e de Xustiza, Interior e Relacións Laborais,

DISPOÑO:

Artigo único.-Que cese como secretario xeral do Consello Económico e Social de Galicia, Carlos Monclús Díez de Ulzurrun.

Santiago de Compostela, seis de abril de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública