Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Xoves, 13 de abril de 2000 Páx. 6.246

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

De conformidade co disposto no artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia, 1/1997, do 24 de marzo, procédese á publicación do acordo da aprobación do estudio de detalle.

A Comisión de Goberno, na súa sesión ordinaria do día 3 de marzo de 2000, acordou:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o expediente do estudio de detalle por instancia de Pumade, S.A. e redactado polo arquitecto Juan García Pérez, da parcela sita en Botos, AR-38, polígono 5.

Segundo.-Proceder a realiza-los trámites que correspondan sobre o dito expediente insertando o texto no BOP, e o acordo no DOG.

Recursos: contra o presente acordo poderá interpoñerse directametne recurso contencioso-administrativo diante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no DOG. Así mesmo, poderase interpoñer con carácter previo e potestativo, e no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, recurso de reposición diante da Comisión de Goberno por delegación; neste caso, o prazo para interpoñer recurso contencioso-administrativo contarase desde o día seguinte a aquel no que se lle notifique a resolución expresa ou se produza a desestimación presunta (prodúcese polo transcurso dun mes desde a presentación) do recurso de reposición, se é o caso, interposto. Ata entón non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo.

Poderase empregar calquera outro recurso que coide conveniente.

Lalín, 8 de marzo de 2000.

O alcalde-presidente

Rubricado