Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Xoves, 13 de abril de 2000 Páx. 6.245

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE COIRÓS

ANUNCIO.

Aprobación definitiva do Plan parcial de ordenación do SAU-4 (parque empresarial de Coirós).

O Concello Pleno, na sesión que tivo lugar o 24 de marzo do ano 2000, acordou, por unanimidade, aprobar definitivamente o plan parcial antes citado.

Contra este acordo pode interpoñerse, con carácter potestativo, recurso de reposición, no prazo dun mes desde a última publicación dese acordo no BOP ou no DOG, diante do mesmo órgano que o acordou. Ou ben interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde a mesma data.

Coirós, 30 de marzo de 2000.

Francisco Quintela Requeijo

Alcalde