Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Xoves, 13 de abril de 2000 Páx. 6.211

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 10 abril de 2000 pola que se modifica a do 3 de marzo de 2000 pola que se desenvolven programas de animación e apoio a medidas de estratexia para potenciar accións de emprego no sector agrario.

Orde do 3 de marzo de 2000 ten por obxecto establece-las bases das axudas dirixidas á entidades agrarias co obxecto de promove-la creación de emprego a través de actividades privadas dinamizadoras do sector agrario, sempre e cando teñan como cometido algún dos seguintes fins:

-Creación e afianzamento do emprego.

-Busca de actividades complementarias.

-Creación de sistemas productivos de réxime asociativo que persigan a reducción de custos e/ou a mellora da calidade de materias primas así como o acondicionamento e primeira transformación das produccións en procura dun valor engadido.

-O establecemento de sistemas de producción respectuosos co ambiente e a saúde de consumidores.

-A dotación tecnolóxica e asistencia técnica.

O seu artigo 6º fixa o prazo de presentación das solicitudes en 30 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación da citada orde.

A importancia dos programas agrarios de desenvolvemento comarcal que comportan unha interacción entre distintos sectores (productor, transformador e comercializador) e a agrupación dos distintos axentes en cada sector, fai necesaria en moitos casos unha complexa xestión dos expedientes de solicitude.

En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30.1º 3 do Estatuto de autonomía de Galicia e en uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.-Prórrogase o prazo de presentación das solicitudes previsto no artigo 6º da orde desta consellería do 3 de marzo de 2000, por un período de 15 días hábiles.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2000.

Cástor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política

Agroalimentaria