Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Xoves, 13 de abril de 2000 Páx. 6.210

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 10 de abril de 2000 pola que se modifica, en canto ó prazo para resolver, a Orde do 25 de febreiro de 2000 pola que se convocan bolsas para a realización dos traballos de recolleita da toponimia de Galicia.

Na orde citada (DOG do 3 de marzo), na base sétima, establécese un prazo para resolver de 45 días, contados a partir do día seguinte ó da publicación da convocatoria.

Ó resultar insuficiente o devandito prazo, por mor da recepción da documentación e da fase de selección por parte da comisión de selección,

RESOLVO:

Establecer en sesenta días o prazo máximo para a resolución das bolsas convocadas, contados igualmente desde o día seguinte ó da publicación da convocatoria no DOG número 44, do 3 de marzo.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública