Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 2000 Páx. 5.166

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO de modificación do Plan Xeral Municipal de Ordenación.

O Concello Pleno, na sesión do día 23 de decembro de 1999, acordou aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan Xeral Municipal de Ordenación no cuarteirón situado entre a rúa Hábitat, rúa da Ribeira e vía de nova apertura, en Perillo, reflectida no plano existente no expediente, variando a ordenanza de aplicación, que pasaría a ser de ordenanza 3 de transición a cuarteirón regulado no artigo 121 do PXMO.

Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo, no prazo dun mes, que se computará desde o día seguinte ó da súa notificación, perante o mesmo órgano que a dictou (ó abeiro do disposto polos artigos 116 e 117 da Lei 4/1994, de modificación da Lei 30/1992, do RXAPPAC).

Tamén poderá contra esta resolución interpoñer, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo perante a orde xurisdiccional contencioso-administrativa, sen prexuízo da facultade de interposición do recurso extraordinario de revisión para os supostos e prazos previstos polo artigo 118 da citada lei.

Oleiros, 8 de febreiro de 2000.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta