Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 2000 Páx. 5.166

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO da proposta de aprobación inicial de modificación das normas subsidiarias de descatalogación das ruínas da Casa do Soto.

O Pleno do Concello, en sesión que tivo lugar o 25 de febreiro de 2000, aprobou con carácter inicial a proposta de modificación singular das normas subsidiarias de ordenación urbana do municipio de Nigrán: descatalogación das ruínas da Casa do Soto, parroquia de Panxón.

Por este anuncio sométese a información pública o expediente polo prazo dun mes, período durante o que poderá ser examinado e formularse alegacións. Ó propio tempo, faise pública a suspensión do outorgamento de licencias nas áreas afectadas.

Nigrán, 6 de marzo de 2000.

José Manuel Rial Cadaval

Alcalde