Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 2000 Páx. 5.151

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2000 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, das obras de clave AC/00/4.2 e tres máis.

a) Obra.

1. Roza, limpeza e reperfilado de foxos CRG-11 e 50 máis, sección 1, A Coruña.

Clave: AC/00/4.2.

Orzamento: cincuenta e sete millóns novecentas noventa e nove mil novecentas noventa e nove pesetas (57.999.999).

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría d.

Garantía provisional: non se esixe.

2. Roza, limpeza e reperfilado de foxos sección sur, A Coruña.

Clave: AC/00/5.2.

Orzamento: cincuenta e sete millóns novecentas noventa e oito mil cento noventa e seis pesetas (57.998.196).

Prazo de execución: 4 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría d.

Garantía provisional: non se esixe.

3. Acondicionamento de firme en travesías de Cee e Corcubión C-552 A Coruña-Fisterra, C-550 Muros-Cee.

Clave: AC/99/27.2.

Orzamento: cincuenta e nove millóns novecentas noventa e nove mil cento trinta e catro pesetas (59.999.134).

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría d.

Garantía provisional: non se esixe.

4. Reforzo do firme e obras complementarias AC-211 San Pedro ó Portádego, ramal da AC-213 Sigrás, AC-214 Guísamo a Cambre, e AC-220 ramal de N-550 a Cambre.

Clave: AC/00/46.2.

Orzamento: cento dezanove millóns novecentas noventa e cinco mil oitocentas sesenta e seis pesetas (119.995.866).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría d.

Garantía provisional: non se esixe.

(Declaradas urxentes consonte o establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

O pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a garantía provisional indicada na letra a) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 36.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións realizaraa a mesa de contratación ás once horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

g) Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre 1), segundo se especifica no punto 2.2.6. Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

h) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2000.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda