Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 2000 Páx. 5.151

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 10 de marzo de 2000, do recadador de zona da Coruña, polo que se notifica o expediente de constrinximento contra o debedor que se sinala no anexo.

O recadador da Xunta de Galicia, titular de zona da Coruña, por medio deste anuncio fai saber que se segue nesta oficina expediente de constrinximento contra o debedor que se sinala na lista que se xunta. Nos devanditos expedientes dictouse a dilixencia de embargo sobre os bens que aparecen como propiedade do debedor; dilixencia que non puido ser notificada ó interesado malia os intentos feitos nese sentido. A referencia da dilixencia é a que sinala no anexo.

Todo o dito en cumprimento dos artigos 110 e seguintes (capítulo IV-título I) do vixente Regulamento xeral de recadación.

Deste embargo tomarase nota no rexistro que corresponda, a favor da Xunta de Galicia.

O que se publica para os efectos de notificación, coa advertencia de que os interesados poderán presentar recurso de reposición no prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta publicación, perante o Servicio Central de Recadación da Xunta de Galicia, sito no edificio administrativo San Caetano de Santiago de Compostela, ou reclamación económico-administrativa perante o tribunal da devandita xurisdicción, sen que poidan simultanearse ámbolos recursos.

A Coruña, 10 de marzo de 2000.

Nazario Villalva Montero

Recadador de zona da Coruña

ANEXO

Interesado: Hostal Montesalgueiro, S.L.

NIF: B-15.456.874.

Data dilixencia: 22-2-2000.

Descrición do ben: predio 3258.0. Rexistro da Propiedade de Betanzos.