Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2000 Páx. 5.065

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para a contratación do servicio de operación telefónica na central de emerxencias 112-SOS-Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 00/13/733.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servicio de operación telefónica na central de emerxencias 112-SOS-Galicia.

b) División por lotes e número: división en sete (7) lotes segundo a seguinte desagregación:

-Lote 1: servicio de operación principal.

-Lote 2: servicio de operación de idiomas.

-Lote 3: servicio de supervisión.

-Lote 4: servicio de enlace.

-Lote 5: servicio de información.

-Lote 6: servicio auxiliar da Central de Emerxencias 112.

-Lote 7: coordinación dos servicios.

c) Lugar de prestación do servicio: o sinalado no prego de prescricións técnicas.

d) Prazo de execución: un (1) ano.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 169.998.394 ptas., IVE incluído, segundo a seguinte desagregación:

-Lote 1: 63.237.440 ptas.

-Lote 2: 44.642.400 ptas.

-Lote 3: 13.969.440 ptas.

-Lote 4: 23.507.500 ptas.

-Lote 5: 4.138.500 ptas.

-Lote 6: 14.259.880 ptas.

-Lote 7: 6.243.234 ptas.

5. Garantías.

a) Provisional: segundo a seguinte desagregación:

-Lote 1: 1.264.749 ptas.

-Lote 2: 892.848 ptas.

-Lote 3: dispensada.

-Lote 4: dispensada.

-Lote 5: dispensada.

-Lote 6: dispensada.

-Lote 7: dispensada.

Tódolos lotes : 2.157.597 ptas.

Definitiva: segundo a seguinte desagregación:

-Lote 1: 2.529.497 ptas.

-Lote 2: 1.785.696 ptas.

-Lote 3: 558.778 ptas.

-Lote 4: 940.300 ptas.

-Lote 5: 165.540 ptas.

-Lote 6: 570.395 ptas.

-Lote 7: 249.729 ptas.

Tódolos lotes: 6.799.935 ptas.

6. Obtención da documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: 15771 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 45 17/54 60 20.

e) Fax: 981 54 46 96.

f) Data límite de obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: segundo o sinalado na letra G do cadro de características do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e rematará ó décimo terceiro día natural, ás 14 horas, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: 15771 Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses desde a data de apertura das proposicións.

f) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Lugar: sala de xuntas da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, bloque 5-3ª planta.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: terá lugar, en acto público, na sala de xuntas da consellería o quinto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo o primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 9 horas.

10. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2000.

María José Cimadevila Cea

Secretaria xeral da Consellería de Xustiza,

Interior e Relacións Laborais