Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2000 Páx. 5.064

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia a contratación da xestión dos servicios de perruquería de señoras e cabaleiros das residencias da terceira idade de Ferrol e Santiago de Compostela, e perruquería de señoras no Fogar da Terceira Idade de Ferrol.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso que a seguir se cita:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: delegación provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

c) Números de expediente: 1/00-RTI Ferrol, 2/00-RTI Santiago de Compostela, 3/00-Fogar da Terceira Idade de Ferrol.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: explotación dos servicios de perruquería de señoras e cabaleiros nas RTI de Ferrol e Santiago de Compostela e perruquería de señoras no Fogar da Terceira Idade de Ferrol.

b) Lugar de execución: Exp. 1/00: RTI Ferrol, Exp. 2/00: RTI Santiago de Compostela e Exp. 3/00: FTI Ferrol.

c) Prazo de execución: un (1) ano, prorrogable por períodos anuais.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación ou canon de explotación.

a) Importe total: doce mil pesetas (12.000 ptas.) (72,121 euros) cada centro.

5. Garantía.

a) Provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: delegación provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Enderezo: Gregorio Hernández, 2-4, 1º.

c) Localidade e código postal: A Coruña, 15011.

d) Teléfono: 981 18 58 06.

e) Telefax: 981 18 58 01.

7. Requisitos específicos dos contratistas.

Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: trece (13) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

b) Documentación que integrará ás ofertas: a que se indica na cláusula 9 dos pregos de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Delegación Provincial da Coruña, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: delegación provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Enderezo: Gregorio Hernández, 2-4, 1º.

c) Localidade: A Coruña.

d) Data: o sexto (6º) día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

e) Hora: 10 horas.

10. Outras informacións.

Nos anversos dos sobres consignarase o seu respectivo contido e o nome do licitador.

11. Gastos do anuncio:

Serán por conta dos adxudicatarios.

A Coruña, 30 de marzo de 2000.

P.D. (Orde 21-4-1998)

Manuel Barral Castro

Delegado provincial da Coruña