Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2000 Páx. 5.035

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 2000 pola que se convocan varios cursos de formación continua para o persoal da Xunta de Galicia.

Dentro do programa de actividades de formación continua da EGAP para 2000, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse os cursos referidos no anexo I a esta resolución, que se desenvolverán de conformidade coas seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes

1. O persoal que desexe participar nos cursos programados deberá solicitalo coa presentación da instancia que, como modelo oficial, se recolle no anexo II desta resolución.

2. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso neste ano.

3. O prazo e mailos lugares de presentación das instancias serán os que se sinalan para cada curso no dito anexo I.

Segunda.-Acceso ás actividades.

Poderá participa-lo persoal que cumpra os requisitos específicos esixidos para cada curso no aludido anexo I.

Terceira.-Selección.

1. Os criterios selectivos que se van utilizar serán os referidos especificamente no dito anexo I para cada curso.

2. As relacións de seleccionados para participar nos cursos previstos publicaranse nos taboleiros de anuncios da Escola Galega de Administración Pública e do Centro de Información Administrativa e Atención ó Cidadán e, se é o caso, nas delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Cuarta.-Certificacións de asistencia.

1. Outorgaráselle-lo correspondente certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade e dedicación no desenvolvemento dos cursos. Para os efectos da avalia-los coñecementos adquiridos polos alumnos, a EGAP poderá fixa-la realización das probas ou controis que considere oportunos ou requiri-la presentación dun traballo final de prácticas.

2. É obrigatoria a asistencia e puntualidade a tódalas sesións dos cursos. Toda ausencia deberá ser xustificada debidamente polo interesado. A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, a máis do 15% das horas lectivas programadas, impedirá a expedición da certificación anteriormente referida e dará lugar á baixa no curso coa perda de tódolos dereitos.

3. Para coñecemento e constancia no seu expediente, os participantes nos cursos deberán facilitar copia das certificacións recibidas ós servicios de persoal do centro directivo ó que estean adscritos.

Quinta.-Modificacións.

1. A EGAP poderá modifica-lo desenvolvemento e mailos contidos dos cursos anunciados co fin de adaptalos ás necesidades da Administración, así como ás distintas continxencias que poidan xurdir.

2. No suposto de que o número de instancias recibidas sexa inferior ó 50% das prazas convocadas, a EGAP reserva para si o dereito de suspende-la realización do curso de que se trate, utilizando para o efecto os medios de notificación ós interesados previstos na normativa vixente.

Sexta.-Financiamento.

En razón dos fondos con que se financiarán estes cursos, a súa realización efectiva está condicionada á transferencia daqueles por parte do Instituto Nacional de Administración Pública.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2000.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública

ANEXO I

* Curso: informática básica para usuario do Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos (SXPA) da Xunta de Galicia (20 edicións).

1. Obxectivos.

Mellora-los coñecementos dos usuarios do SXPA sobre conceptos básicos en materia informática e sobre algunha das ferramentas utilizadas pola Xunta de Galicia como parte da plataforma tecnolóxica na que se basea o SXPA.

2. Destinatarios.

Usuarios finais do Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos (SXPA) da Xunta de Galicia.

3. Criterios de selección.

Que sexan usuarios finais do SXPA, circunstancia que acreditará a Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos da Consellería da Presidencia e Administración Pública, segundo a lista de usuarios activos no sistema o 30 de xuño de 2000.

No caso de que nunha provincia ou servicios centrais o número de solicitantes supere o número de prazas ofertadas (40 para cada provincia e 40 para servicios centrais), unicamente se considerarán as solicitudes de usuarios que durante os meses de maio e xuño de 2000 tivesen máis días de conexión ó sistema. Para tal efecto, na solicitude, no epígrafe onde se describen as tarefas realizadas no posto de traballo relacionadas co obxecto do curso, deberá indicarse obrigatoriamente o código identificador do usuario no SXPA.

A EGAP publicará as datas e a lista dos participantes para cada curso no taboleiro de anuncios da escola. Así mesmo, remitiranse copias desta ás delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 15 horas.

4.2. Lugares e datas: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago de Compostela. O número de edicións é de 20 (4 edicións para os usuarios de cada unha das catro provincias e 4 para os de servicios centrais).

As datas serán as seguintes en función do lugar de realización:

-Santiago de Compostela, A Coruña, Ourense e Pontevedra: 1ª edición: do 11 ó 15 de setembro; 2ª edición: do 18 ó 22 de setembro; 3ª edición: do 25 ó 29 de setembro; 4ª edición: do 2 ó 6 de outubro.

-Lugo: 1ª edición: do 11 ó 15 de setembro; 2ª edición: do 18 ó 22 de setembro; 3ª edición: do 25 ó 29 de setembro; 4ª edición: do 16 ó 20 de outubro.

4.3. Horarios: das 16.30 ás 19.30 horas.

4.4. Prazas: 10 por edición.

5. Contido.

Introducción e conceptos básicos sobre sistemas informáticos. O contorno Windows 95 e o procesador de textos Word 97.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de trinta días naturais.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo anexo II a esta resolución e dirixiranse á Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos, Consellería da Presidencia e Administración Pública, San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.

As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexis

tro da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: Redes de comunicación: Windows NT Server (3 edicións).

1. Obxectivos.

Formar, en profundidade, o persoal informático no traballo con redes e co sistema operativo Windows NT Server.

2. Destinatarios.

Persoal laboral ou funcionario da Xunta de Galicia que estea a desempeña-las funcións de técnico especialista en informática na Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos, na Consellería da Presidencia e Administración Pública e no resto das consellerías.

3. Criterios de selección.

A selección efectuarase con base na seguinte orde de prioridade:

-Persoal informático da Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos.

-Demais persoal informático da Consellería da Presidencia e Administración Pública e das súas delegacións provinciais.

-Persoal informático do resto das consellerías e das súas delegacións.

A EGAP publicará as datas e a lista dos participantes para cada curso no taboleiro de anuncios da escola.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 30 horas.

4.2. Lugares e datas: aula informática EGAP (2ª planta). 1ª edición: 18, 19, 22-26 e 29-31 de maio; 2ª edición: 5-9 e 12-16 de xuño; 3ª edición: 19-23 e 26-30 de xuño.

4.3. Horarios: das 17.30 ás 20.30 horas.

4.4. Prazas: 10 por edición.

5. Contido.

Redes de comunicación: introducción, arquitectura, tipos, elementos e medios de transmisión. Sistemas operativos de redes. Windows NT Server (instalación e administración). Seguridade das redes.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de quince días naturais.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo anexo II a esta resolución e dirixiranse á

Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos, Consellería da Presidencia e Administración Pública, San Caetano, s/n; Santiago de Compostela.

As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: Visual Basic 6.0.

1. Obxectivos.

Forma-lo persoal informático na programación orientada a obxectos e, en concreto, na linguaxe de programación Visual Basic.

2. Destinatarios.

Persoal laboral ou funcionario da Xunta de Galicia que estea a desempeña-las funcións de técnico especialista en informática na Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos, na Consellería da Presidencia e Administración Pública e no resto das consellerías.

3. Criterios de selección.

A selección efectuarase con base na seguinte orde de prioridade:

-Persoal informático da Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos.

-Demais persoal informático da Consellería da Presidencia e Administración Pública e das súas delegacións provinciais.

-Persoal informático do resto das consellerías e das súas delegacións.

A EGAP publicará as datas e a lista dos participantes para cada curso no taboleiro de anuncios da escola.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 15 horas.

4.2. Lugares e datas: aula informática EGAP (2ª planta). 1ª edición: do 20 ó 24 de novembro; 2ª edición: do 27 de novembro ó 1 de decembro; 3ª edición: do 11 ó 15 de decembro.

4.3. Horarios: das 17.30 ás 20.30 horas.

4.4. Prazas: 10 por edición.

5. Contido.

Introducción á linguaxe de programación orientado a obxectos Visual Basic: métodos, eventos e propiedades. Controis básicos e avanzados. Elaboración, distribución e instalación de programas en Visual Basic.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de trinta días naturais.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo anexo II a esta resolución e dirixiranse á Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos, Consellería da Presidencia e Administración Pública, San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.

As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: perfeccionamento do persoal usuario do Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos (SXPA) da Xunta de Galicia (16 edicións).

1. Obxectivos.

Mellorar e actualiza-lo coñecemento técnico-funcional do SXPA por parte dos seus usuarios finais, con especial atención ás novas funcionalidades do sistema.

2. Destinatarios.

Usuarios finais do Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos (SXPA) da Xunta de Galicia.

3. Criterios de selección.

Te-la condición de usuario final do SXPA ou a de persoal destinado nas oficinas de Información e Atención ó Cidadán, circunstancia que será verificada pola Consellería da Presidencia e Administración Pública, segundo a lista de usuarios activos no sistema o 1 de setembro de 2000.

No caso de que nunha localidade de realización do curso o número de solicitantes supere o número de prazas convocadas, observaranse os seguintes criterios de selección, priorizando as solicitudes segundo esta orde:

3.1. Usuarios finais SXPA que non participasen nas edicións deste curso realizadas nos anos 1996, 1997 e 1999. Dentro deste grupo terán prioridade absoluta os usuarios destinados nas Oficinas de Tramitación Única de Industrias (OTU) e nas oficinas incluídas no programa do Servicio de Resposta Inmediata (SERI).

3.2. Persoal destinado nas oficinas de información e Atención ó Cidadán.

Se conforme os criterios anteriores se producise empate na puntuación entre dous ou máis aspirantes e non houbese prazas para todos, a selección efectuarase segundo a maior antigüidade na Administración, circunstancia que deberá ser certificada polo responsable do servicio de persoal de que dependa o solicitante. De persisti-lo empate, resolverase mediante sorteo entre os afectados.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 15 horas.

4.2. Lugares e datas:

-Santiago de Compostela. 1ª edición: do 23 ó 27 de outubro; 2ª edición: do 6 ó 11 de novembro; 3ª edición: do 13 ó 17 de novembro; 4ª edición: do 20 ó 24 de novembro.

-A Coruña. 1ª edición: do 16 ó 20 de outubro; 2ª edición: do 23 ó 27 de outubro; 3ª edición: do 6 ó 10 de novembro; 4ª edición: do 13 ó 17 de novembro.

-Lugo. 1ª edición: do 23 ó 27 de outubro; 2ª edición: do 6 ó 10 de novembro.

-Ourense. 1ª edición: do 16 ó 20 de outubro; 2ª edición: do 23 ó 27 de outubro; 3ª edición: do 6 ó 10 de novembro.

-Pontevedra. 1ª edición: do 16 ó 20 de outubro; 2ª edición: do 6 ó 10 de novembro; 3ª edición: do 13 ó 17 de novembro.

4.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 15 por edición.

5. Contido.

SXPA: introducción ó sistema e os seus módulos de rexistro, tramitación, información de seguimento e seguridade. O sistema de xestión de subvencións. O correo electrónico: Lotus Notes.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 1 de setembro.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Inspección Xeral de Servicios, e presentaranse no rexistro xeral da Xunta de Galicia ou nas respectivas delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública segundo a localidade de realización do curso que se solicita, podéndose presentar ademais en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: seguridade vial, conducción evasiva e perfeccionamento na conducción.

1. Obxectivos.

Perfeccionamento e aprendizaxe de técnicas en materia de: seguridade vial, técnicas de conducción evasiva ou de escape; técnicas de conducción en condicións adversas meteorolóxicas, de trazado de itinerario, obstáculos e, en xeral, perfeccionamento da conducción.

2. Destinatarios.

Conductores do Parque Móbil da Xunta de Galicia e conductores de altos cargos doutros servicios e departamentos.

3. Criterios de selección.

3.1. Conductores do PMX que presten servicios correspondentes ós grupos A, B e C por esta orde.

3.2. Conductores doutros departamentos, no caso da existencia de prazas dispoñibles, que presten servicios asimilables ós anteriores.

3.3. Outro persoal da Xunta de Galicia que, ocasional ou regulamente, conduza vehículos de servicio oficial para o desempeño da súa función en servicios centrais ou periféricos, no caso da existencia de prazas.

A EGAP publicará a lista de admitidos e datas de realización do curso no taboleiro de anuncios.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 22 horas.

4.2. Lugar e datas: A Coruña, Escola de Perfeccionamento e Técnicas de Conducción (rúa Ángel Rebollo, nº 60). Por razóns do servicio, este curso desenvolverase en varias sesións e quendas, comprendendo cada unha delas a totalidade do programa de 22 horas. As datas de comezo e remate do curso determinaranse oportunamente, facéndose citacións previas axeitadas ó servicio, nas que figurarán os lugares, recintos e instalacións.

4.3. Prazas: 60.

5. Contido.

Exposicións teóricas sobre técnicas de conducción e prácticas sobre conducción evasiva, perigosa e de perfeccionamento, mediante o uso correcto e diferenciado dos mecanismos e aparellos do automóbil, segundo as condicións do vehículo, ambientais e viais.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o día 3 de maio.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II a esta resolución e dirixiranse á Secretaría Xeral (Subdirección Xeral de Servicios), Consellería da Presidencia e Administración Pública, San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, e presentaranse no rexistro xeral da Xunta de Galicia, nos das respectivas delegacións provinciais da devandita consellería ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: perfeccionamento de publicacións institucionais.

1. Obxectivos.

Perfecciona-lo persoal da Xunta de Galicia que estea a desempeñar traballos no mundo da edición institucional en calquera soporte.

2. Destinatarios.

Persoal da Xunta de Galicia que traballe con publicacións.

3. Criterios de selección.

Ter recibido o curso de iniciación e desempeñar, ou ter desempeñado un posto de traballo relacionado con publicacións.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 40 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 15, 18, 23 e 25 de outubro; 6, 8, 13, 15, 20 e 21 de novembro.

4.3. Horarios: das 9 ás 12.30 horas.

4.4. Prazas: 30.

5. Contido.

Introducción á publicación institucional, producción editorial, deseño, impresión, distribución e normas de redacción e estilo.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de quince días naturais.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Secretaría Xeral da Presidencia e presentaranse no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: transposición de directivas e implementación de regulamentos e decisións.

1. Obxectivos.

Estende-lo coñecemento do marco xurídico comunitario de aplicación. Incrementa-lo índice autonómico de transposición e implementación, así como a súa seguridade xurídico-administrativa. Establecer unha rede permanente de seguimento no eido normativo comunitario. Minoración e reconducción dos conflictos coa Comunidade Europea na materia.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A, B e C e persoal laboral dos grupos I, II e III da Xunta de Galicia, que desenvolva tarefas relacionadas coa implementación de políticas comúns europeas.

3. Criterios de selección.

Solicitantes destinados en unidades directamente afectadas polas políticas comúns de maior calado en Galicia, respectando en todo caso os criterios selectivos sinalados con carácter xeral na, resolución do 27 de xuño de 1994 da EGAP (DOG nº 149, do 3 de agosto).

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 30 horas.

4.2. Lugares e datas: EGAP, os días 23, 24, 25, 26, 30 e 31 de outubro; 2, 6, 7 e 8 de novembro.

4.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Sistema de fontes: dereito orixinario e derivado. Efecto directo e primacía no ordenamento comunitario.-Interrelación entre competencias autonómicas e comunitarias.

Límites normativos: interpretación xurisprudencial.-Control xurisdiccional do desenvolvemento normativo.-Avaliación da execución do dereito comunitario.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de instancias será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión para o curso dirixiranse á Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior (rúa dos Feáns, 5 baixo, 15706 Santiago de Compostela) e presentaranse no seu rexistro ou por calquera das vías admisibles en dereito, segundo o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: dereito da competencia e axudas de Estado.

1. Obxectivos.

Coñecemento do contorno económico aplicable. Mellora-la divulgación da normativa comunitaria na materia. Familiarización coas directrices sectoriais e horizontais. Facilitar ferramentas de interpretación na xestión das axudas. Manexar con soltura instrumentos de técnica normativa e de tramitación acordes co dereito comunitario.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A, B e C e persoal laboral dos grupos I, II e III da Xunta de Galicia, que desenvolva tarefas relacionadas coa preparación de convocatorias ou instrucción de procedementos de axudas.

3. Criterios de selección.

Solicitantes destinados en unidades directamente encargadas das tarefas anteriormente descritas, respectando en todo caso os criterios selectivos sinalados con carácter xeral na Resolución do 27 de xuño de 1994 da EGAP (DOG nº 149, do 3 de agosto).

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 30 horas.

4.2. Lugares e datas: EGAP, os días 13, 14, 15, 16, 20, 21, 22, 23, 27 e 28 de novembro.

4.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

A normativa europea sobre a competencia: fundamentos económicos e principios xurídicos.-Análise das Directrices da Comisión.-Tipoloxía de actuacións de fomento.-Praxe da Comisión na compatibilización de axudas.-Procedemento de homologación e control.-Doutrina do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.-Xurisprudencia do Tribunal Supremo e do Tribunal de Xustiza da Comunidade Europea.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de instancias será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión para o curso dirixiranse á Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior (rúa dos Feáns, 5 baixo, 15706 Santiago de Compostela) e presentaranse no seu rexistro ou por calquera das vías admisibles en dereito, segundo o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: Fondos Estructurais Comunitarios.

1. Obxectivos.

Dar a coñece-los mecanismos comunitarios de aplicación de políticas de axuste estructural, así como os seus instrumentos de xestión, logo da aprobación dos novos regulamentos do 21 de xuño de 1999.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A e B e persoal laboral dos grupos I e II da Xunta de Galicia, que presten servicios en unidades implicadas na posible xestión de recursos financeiros procedentes de fondos estructurais.

3. Criterios de selección.

Solicitantes destinados en unidades directamente relacionadas coa programación e xestión de fondos estructurais, respectando en todo caso os criterios selectivos sinalados con carácter xeral na Resolución do 27 de xuño de 1994 da EGAP (DOG nº 149, do 3 de agosto).

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 25 horas.

4.2. Lugares e datas: EGAP, os días 30 e 31 de maio; 5, 6, 7, 8, 12 e 13 de xuño.

4.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 25.

5. Contido.

Os fondos estructurais. Introducción.-O Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).-O Fondo Social Europeo (FSE).-O Fondo Europeo de Orien

tación e Garantía Agrícola (FEOGA).-O Instrumento Financeiro de Orientación da Pesca (IFOP).-O Fondo de Cohesión.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de instancias será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión para o curso dirixiranse á Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior (rúa dos Feáns, 5 baixo, 15706 Santiago de Compostela) e presentaranse no seu rexistro ou por calquera das vías admisibles en dereito, segundo o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: introducción á conservación e explotación de estradas (4 edicións).

1. Obxectivos.

Obter unha visión global das labores a desenvolver polos técnicos de estradas no eido da conservación e explotación. Coñecemento das funcións e responsabilidades de cada posto. Introducción ós sistemas de xestión da conservación.

2. Destinatarios.

Persoal da Dirección Xeral de Obras Públicas que realice funcións de conservación e explotación de estradas e que pertenza á categoría de celador, capataz, legoeiro ou similar.

3. Criterios de selección.

A selección determinarse pola relación directa do posto de traballo co contido do curso.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 21 horas.

4.2. Lugares e datas: A Coruña: 6, 7, 8, 9, 13 e 14 de novembro; Lugo: 2, 3, 4, 5, 9 e 10 de outubro; Ourense: 18, 19, 20, 21, 25 e 26 de outubro; Pontevedra: 16, 17, 18, 19, 23 e 24 de outubro.

4.3. Horarios: das 16.30 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 20 por edición.

5. Contido.

Administración e redes de estradas en Galicia.-Organización e competencias da Subdirección Xeral de Estradas.-Competencias da Dirección Xeral de Tráfico e Garda Civil.-Funcións do Técnico de Conservación e Explotación.-Conservación ordinaria e extraordinaria.-Organización da conservación.Vixilancia.-Operacións de conservación.-Prácticas.-Exame.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de quince días naturais.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e presentaranse no seu rexistro xeral, nos das súas delegacións ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: sistema de información do Rexistro Industrial.

1. Obxectivos.

Actualiza-los coñecementos dos usuarios sobre o funcionamento informático do rexistro, con especial atención ás novas funcionalidades que se están a implantar.

2. Destinatarios.

Persoal da Consellería de Industria e Comercio, tanto administrativo como técnico, tendo preferencia os responsables do mantemento do rexistro industrial.

3. Criterios de selección.

Procurando un reparto territorial equilibrado entre servicios centrais e periféricos, respectaranse en todo caso os criterios selectivos sinalados con carácter xeral na resolución da EGAP do 27-6-1994 (DOG nº 149, do 3 de agosto).

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 6 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, 24 de maio.

4.3. Horario: de mañá e tarde.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Introducción ó rexistro industrial. Conceptos do rexistro industrial. Relacións do rexistro industrial con outros módulos da rede da Consellería de Industria e Comercio.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais e comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes dirixiranse ó director xeral de Industria e presentaranse no rexistro xeral da consellería ou nos das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

* Curso: información ó consumidor.

1. Obxectivos.

Formación do persoal das administracións públicas en materia de información ó consumidor e usuario.

2. Destinatarios.

Persoal do Instituto Galego de Consumo.

3. Criterios de selección.

Daráselle prioridade ó persoal dependente do Instituto Galego de Consumo que ocupe postos de traballo relacionados co contido do curso.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 16 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, novembro.

4.3. Horario: de mañá e tarde.

4.4. Prazas: 35.

5. Contido.

Vivenda. Arbitraxe de consumo. Garantías. Condicións xerais de contratación. Euro.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais e comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes dirixiranse á Xerencia do Instituto Galego de Consumo e presentaranse no seu rexistro xeral ou nos das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

* Curso: medición do volume dos hidrocarburos líquidos.

1. Obxectivos.

Actualización e posta ó día nos procedementos de verificación que resultaron afectados trala entrada en vigor da nova normativa, contida na Orde do 27 de maio de 1998.

2. Destinatarios.

Persoal técnico dependente da Consellería de Industria e Comercio que realice verificacións periódicas.

3. Criterios de selección.

Procurando un reparto territorial equilibrado entre servicios centrais e periféricos, respectaranse en todo caso os criterios de selección contidos na resolución da EGAP do 27-6-1994 (DOG nº 149, do 3 de agosto).

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 10 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, 7 de xuño.

4.3. Horario: de mañá e tarde.

4.4. Prazas: 30.

5. Contido.

Normativa e tolerancias. Tipos de medidores e sistemas utilizados. Procedementos de verificación segundo a Orde do 27 de maio de 1998.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais e comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes dirixiranse ó director xeral de Industria e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Industria e Comercio ou nos das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

* Curso: o sistema de xestión e control de primas gandeiras e axudas por superficies.

1. Obxectivos.

Profundar na aplicación dos controis administrativos e sobre o terreo na xestión das axudas FEOGA-Garantía, de acordo coas esixencias do sistema integrado de xestión e control e o sistema de identificación animal.

2. Destinatarios.

Persoal dos servicios centrais e periféricos da Dirección Xeral de Producción Agropecuaria e do Ilgga.

3. Criterios de selección.

A selección efectuarase en función da relación directa do funcionario coa realización de controis a través do sistema integrado de xestión e control, procurando un reparto territorial equilibrado de xeito que asista persoal das catro delegacións provinciais e dos servicios centrais.

4. Desenvolvemento.

4.2. Duración: 42 horas.

4.3. Lugar e datas: EGAP, 6, 7, 13, 14, 20 e 21 do novembro.

4.4. Horarios: luns e martes, das 10 ás 14 e das 16 a 19 horas.

4.5. Prazas: 30.

5. Contido.

Introducción.-Controis administrativos: de expedientes informáticos.-Controis sobre o terreo: ovino/cabrún, vacún, superficies.-Sistema de identificación animal da especie bovina.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais e comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse ó director do Ilgga e presentaranse no rexistro xeral do Ilgga ou no das súas delegacións provinciais, sen

prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: alimentación animal e medicamentos veterinarios (2 edicións).

1. Obxectivos.

Coñecemento xeral da normativa e aplicación práctica en materia de alimentación e medicamentos veterinarios.

2. Destinatarios.

Servicios Veterinarios de Sanidade e Producción Animal.

3. Criterios de selección.

Daráselles prioridade a aqueles veterinarios que ocupen postos de traballo que teñan máis relación co contido do curso.

4. Desenvolvemento.

4.2. Duración: 12 horas.

4.3. Lugar e datas: EGAP, os días 18, 19 e 20 de setembro (1ª edición) e 18, 19 e 20 de outubro (2ª edición).

4.4. Horarios: das 17 ás 21 horas.

4.5. Prazas: 75 por edición.

5. Contido.

Lexislación sobre medicamentos. Comercialización. Prescrición e dispensación. Rexistros documentais.

Lexislación sobre alimentación animal. Plan nacional de controis en alimentación animal. Materias primas. Aditivos e premesturas. Pensos. EETs. Control de residuos.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días e comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Producción Agropecuaria e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: asociacionismo agrario.

1. Obxectivos.

Mellora-la formación do persoal técnico en temas asociativos para que sirva de instrumento de promoción e asesoramento entre os profesionais agrarios do medio rural.

2. Destinatarios.

Persoal técnico pertencente ós servicios de extensión e capacitación agraria.

3. Criterios de selección.

A selección efectuarase entre os profesores de capacitación e axentes de extensión agraria que estean desenvolvendo actividades asociativas cos profesionais do sector agrario. A prioridade virá marcada polo nivel asociativo da comarca de actuación e o número de actividades programadas para o ano 2000 neste tema.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 32 horas.

4.2. Lugar e datas: Centro de Capacitación Agraria de Sergude-Boqueixón (A Coruña), do 26 ó 30 de xuño.

4.3. Horarios: de luns a xoves das 10 ás 14 horas e das 16 ás 19 horas e venres das 10 ás 14 horas.

4.4. Prazas: 30.

5. Contido.

Análise histórica do cooperativismo: o cooperativismo na Unión Europea, España e Galicia. O asociacionismo como solución ós problemas dos agricultores e gandeiros. Tipos de sociedades: diferencias e lexislación aplicable. Os principios cooperativos e a Lei de cooperativas de Galicia. A cooperativa como sociedade e como empresa. Análise da necesidade e xustificación da integración das cooperativas agrarias.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de trinta días naturais e comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Subdirección Xeral de Extensión e Capacitación Agraria da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria ou en calquera das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: a calidade na industria agroalimentaria.

1. Obxectivos.

Forma-lo persoal no coñecemento da normativa e da importancia da calidade na industria agroalimentaria.

2. Destinatarios.

Persoal técnico titulado medio e superior da Dirección Xeral de Industrias e Alimentación, da Conse

llería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

3. Criterios de selección.

Os participantes deben cumpri-los requisitos sinalados no punto anterior e a súa selección virá determinada pola relación directa coa materia impartida.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 25 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 15, 16, 22, 23 e 30 de xuño.

4.3. Horarios: xoves das 16.30 ás 19.30 horas e venres das 9 ás 14 e das 16 ás 18 horas.

4.4. Prazas: 30.

5. Contido.

Normativa básica sobre a calidade. Instrumentos e políticas de calidade. A protección da calidade.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de vinte días.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso, dirixiranse á Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria e presentarase no seu rexistro xeral ou en calquera das súas delegacións provinciais, así como de conformidade co disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: inspección turística.

1. Obxectivos.

Ofrece-la formación específica e os coñecementos prácticos necesarios á inspección turística, respecto ás súas funcións, medios de actuación e ordenación turística.

2. Destinatarios.

Inspectores de turismo e demais persoal da Xunta de Galicia relacionado coa disciplina turística.

3. Criterios de selección.

Selección preferente de inspectores de turismo, procurando para o resto do persoal un reparto territorial equilibrado entre servicios centrais e periféricos.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 30 horas.

4.2. Lugares e datas: EGAP, do 22 de maio ó 2 de xuño.

4.3. Horarios: luns, martes e xoves das 16.30 ás 19.30 horas; mércores e venres das 10 ás 14 horas.

4.4. Prazas: 28.

5. Contido.

Ordenación turística das comunidades autónomas. Políticas de turismo. Empresa turística. Procedemento sancionador. Figuras contractuais típicas. Medios da inspección.

Promoción e fomento do turismo.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais e comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Turismo e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, nos das súas delegacións ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: medidas preventivas de conservación en arquivos, bibliotecas e museos.

1. Obxectivos.

Proporcionar coñecementos básicos de conservación, para paraliza-lo proceso de degradación dos fondos ata que sexa posible a restauración.

2. Destinatarios.

Auxiliares, subalternos, ordenanzas, mozos e vixilantes de arquivos, bibliotecas e museos da Xunta de Galicia.

3. Criterios de selección.

Orde de preferencia na selección:

1º Os auxiliares de arquivos, bibliotecas e museos, así como os subalternos, ordenanzas e mozos dos arquivos, bibliotecas e museos xestionados pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

2º Os vixilantes dos arquivos, bibliotecas e museos xestionados pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 30 horas.

4.2. Lugares e datas: A Coruña, 2ª quincena de outubro.

4.3. Horarios: de luns a venres das 10 ás 14 horas e das 16.30 ás 18.30 horas.

4.4. Prazas: 60.

5. Contido.

Conceptos básicos de conservación preventiva. Conservación preventiva. Actuacións de urxencia. Encadernación.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais e comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e presentaranse no seu rexistro xeral, nos das súas delegacións provinciais ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: xeración de contornos creativos: a creatividade como habilidade directiva.

1. Obxectivos.

Mellora-la capacidade planificadora e directiva. Deseñar estructuras dinámicas de canalización da creatividade e motiva-la producción de traballos creativos. Definir criterios para a avaliación de procesos creativos.

2. Destinatarios.

Directores de fogares e centros sociais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

3. Criterios de selección.

Por antigüidade, os directores de fogares e centros de servicios sociais dependentes da Dirección Xeral de Servicios Sociais.

A EGAP publicará a lista dos participantes no taboleiro de anuncios da escola.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 12 horas.

4.2. Lugares e datas: EGAP, os días 24 e 25 de maio.

4.3. Horarios: día 24: das 9 ás 14 horas e das 16.30 ás 18.30 horas; día 25: das 9 ás 14 horas.

4.4. Prazas: 40.

5. Contido.

O coñecemento de técnicas para producir ideas e de dinámicas de traballo creativo individuais e grupais.-A percepción e a actitude creativa como habilidade.-As ferramentas necesarias para canaliza-lo pensamento creativo dentro da dirección de grupos e organizacións.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 4 de maio.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse á División de Recursos Humanos, Servicio Galego

de Saúde, San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela. As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: xestión integral de centros residenciais e coordinación entre niveis de asistencia sanitaria e social.

1. Obxectivos.

Establece-los mecanismos necesarios para unha comunicación directa entre os diferentes servicios asistenciais da comunidade. Determinar cáles son as necesidades con maior demanda dentro da poboación atendida e as súas posibles solucións.

2. Destinatarios.

Xerentes, directores, médicos, ATS/DUE, traballadores sociais de centros residenciais da terceira idade e minusválidos, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

3. Criterios de selección.

Por antigüidade e, de se-lo caso, en función das necesidades de cada centro.

A EGAP publicará a lista dos participantes no taboleiro de anuncios da escola.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 12 horas.

4.2. Lugares e datas: EGAP, os días 30 e 31 de maio.

4.3. Horarios: día 30: das 9 ás 14 horas e das 16.30 ás 18.30 horas; día 31: das 9 ás 14 horas.

4.4. Prazas: 30.

5. Contido.

Módulo I: ¿Xestión de recursos ou xestión de usuarios?. Cara a unha modalidade de prestación de servicios integral.-Módulo II: a coordinación entre os diferentes niveis asistenciais. Adecuación entre a oferta e a demanda de servicios.-Módulo III: sistema de información. Utilidade e mellora dos niveis de calidade nos rexistros para a toma de decisións.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 4 de maio.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse á División de Recursos Humanos, Servicio Galego de Saúde, San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela. As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novem

bro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: valoración funcional da dependencia nas persoas con minusvalidez (2 edicións).

1. Obxectivos.

Capacita-los profesionais dos centros para a utilización do instrumento de valoración da dependencia SIAC-minusvalidez (Sistema de Información para Análise Complexa). Avalia-la calidade e eficacia do instrumento nos usuarios dos centros.

2. Destinatarios.

Xestores, médicos, ATS/DUE, ETARs, coidadores de centros residenciais de minusválidos, dependentes da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

3. Criterios de selección.

Por antigüidade e, de se-lo caso, en función das necesidades de cada centro.

A EGAP publicará a lista dos participantes no taboleiro de anuncios da escola.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugares e datas: Lugo (Centro de Atención a Minusválidos Psíquicos de Sarria): do 2 ó 6 de outubro e Pontevedra (Centro de Atención a Minusválidos Psíquicos de Redondela): 9, 10, 11, 16 e 17 de outubro.

4.3. Horarios: das 16.30 ás 20.30 horas.

4.4. Prazas: 25 por edición.

5. Contido.

Módulo I: o sistema de información e instrumentos de valoración multidimensional.-Módulo II: o SIAC-minusvalidez. Concepto e contidos do instrumento. Metodoloxía para a súa cumprimentación (parte I).-Módulo III:-o SIAC-minusvalidez. Concepto e contidos do instrumento. Metodoloxía para a súa cumprimentación (parte II).-Módulo IV: análise de casos prácticos e cumprimentación do formulario.-Módulo V: rexistros do persoal coidador para a súa aplicación e seguimento do SIAC.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 14 de setembro.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse á División de Recursos Humanos, Servicio Galego de Saúde, San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela. As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: valoración funcional da dependencia e sistema de rexistros.

1. Obxectivos.

Capacita-los profesionais dos centros para a utilización do instrumento de valoración da dependencia de persoas maiores e a utilización de rexistros continuados da actividade diaria. Avalia-la calidade do sistema de rexistro.

2. Destinatarios.

ATS/DUE, auxiliares de enfermería e coidadores de centros residenciais da terceira idade, dependentes da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

3. Criterios de selección.

Por categorías e, dentro de cada categoría, por antigüidade: ATS/DUE, auxiliares de enfermería e coidadores. Preferentemente persoal de residencias.

A EGAP publicará a lista dos participantes no taboleiro de anuncios da escola.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugares e datas: EGAP, do 16 ó 20 de outubro.

4.3. Horarios: das 16.30 ás 20.30 horas.

4.4. Prazas: 30.

5. Contido.

Módulo I: valoración da dependencia mediante o Resident Assessment Instrument.-Módulo II: sistemas de rexistro. Recollida de datos e o seu proceso informático.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 14 de setembro.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse á División de Recursos Humanos, Servicio Galego de Saúde, San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela. As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: prevención de lesións das costas: mobilización e traslado de enfermos (4 edicións).

1. Obxectivos.

Coñece-la biomecánica articular do ser humano. Adestrar recursos para a mobilización de persoas con mobilidade reducida respectando a súa autonomía, favorecendo a recuperación funcional e incrementando a súa calidade de vida, previndo accidentes das costas por posturas incorrectas.

2. Destinatarios.

ATS/DUE, coidadores e auxiliares de enfermería de centros residenciais da terceira idade da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

3. Criterios de selección.

Por categorías e, dentro de cada categoría, por antigüidade: ATS/DUE, auxiliares de enfermería e coidadores. Preferentemente persoal de residencias.

A EGAP publicará a lista dos participantes no taboleiro de anuncios da escola.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugares e datas: Vigo (Residencia Asistida da Terceira Idade): do 15 ó 19 de maio; Lugo (Residencia 3ª Idade As Gándaras): do 12 ó 16 de xuño; Ourense (Residencia da Rerceira Idade Os Milagres): do 2 ó 6 de outubro; Oleiros (Residencia Asistida da Terceira Idade): do 16 ó 20 de outubro.

4.3. Horarios: das 16.30 ás 20.30 horas.

4.4. Prazas: 25 por edición.

5. Contido.

Presentación do método e os seus obxectivos.-Traballos prácticos: educación xestual específica e posta en práctica dos movementos tipo: voltas e volcos, movementos para endereita-lo enfermo, xiros, movementos para sentar e deita-lo enfermo, movementos para pasar de posición de deitado a sentado ou de pé, traslacións en plano horizontal, transferencias. Talleres: desprazamentos espontáneos do corpo humano.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 4 de maio para os cursos de Vigo e Lugo, e o 14 de setembro para os cursos de Ourense e Oleiros.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II a esta resolución e dirixiranse á División de Recursos Humanos, Servicio Galego de Saúde, San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela. As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: intervención no ámbito asistencial: comunicación e habilidades sociais (4 edicións).

1. Obxectivos.

Ensinarlles ós participantes principios sobre o comportamento humano. Dota-los asistentes de recursos que lles permitan favorece-los comportamentos ade

cuados e diminuí-los inadecuados. Dota-los asistentes de recursos e habilidades que favorezan as relacións interpersoais, necesarias na relación cotiá coa persoa maior.

2. Destinatarios.

Persoal de atención directa en centros xerontolóxicos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais: auxiliares de enfermería e camareiras-limpadoras.

3. Criterios de selección.

Por categorías e, dentro de cada categoría, por antigüidade: auxiliares de enfermería e camareiras-limpadoras. Preferentemente persoal de residencias.

A EGAP publicará a lista dos participantes no taboleiro de anuncios da escola.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugares e datas: Ourense (Residencia da Terceira Idade Os Milagres): do 8 ó 12 de maio; Lugo (Residencia 3ª Idade As Gándaras): do 22 ó 27 de maio; A Coruña (Residencia-Fogar 3ª Idade Torrente Ballester): do 2 ó 6 de outubro; Pontevedra (Residencia da Terceira Idade Campolongo): do 16 ó 20 de outubro.

4.3. Horarios: das 16.30 ás 20.30 horas.

4.4. Prazas: 25 por edición.

5. Contido.

Calidade de atención ó usuario e competencias persoais.-Aspectos conceptuais: o comportamento humano como interacción.-Autocontrol e manexo do estrés persoal .-Técnica de comunicación.-Manexo de situacións con conflicto de intereses.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 4 de maio para os cursos de Lugo e Ourense e o 14 de setembro para os cursos de Vigo e A Coruña.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse á División de Recursos Humanos, Servicio Galego de Saúde, San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela. As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: animación sociocultural en centros residenciais.

1. Obxectivos.

Facilitarlle ó/á alumno/a os coñecementos esenciais da animación sociocultural. Dota-lo alumno/a das ferramentas necesarias para organizar, planificar, dinamizar e avalia-los proxectos de animación con persoas maiores. Desenvolver habilidades sociais no/a alumno/a que permita e garanta as boas relacións cos maiores e profesionais do seu contorno.

2. Destinatarios.

Persoal de atención directa en centros xerontolóxicos dependentes da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais: auxiliares de enfermería e camareiras-limpadoras.

3. Selección.

Por categorías e, dentro de cada categoría, por antigüidade: auxiliares de enfermería e camareiras-limpadoras. Preferentemente persoal de residencias.

A EGAP publicará a lista dos participantes no taboleiro de anuncios da escola.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: Vigo (Residencia Asistida da Terceira Idade): do 5 ó 10 de xuño.

4.3. Horarios: das 16.30 ás 20.30 horas.

4.4. Prazas: 25 alumnos.

5. Contido.

Aproximación ás persoas maiores. Introducción á animación sociocultural.-O animador sociocultural na xeriatría.-A animación con persoas maiores.-Elaboración de programas de animación con maiores.-Lexislación.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 4 de maio.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse á División de Recursos Humanos, Servicio Galego de Saúde, San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela. As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: iniciación e tramitación dos procedementos sancionadores conforme a Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos mariños (2 edicións).

1. Obxectivos.

Análise dos problemas prácticos máis frecuentes na aplicación da Lei 6/1991.

2. Destinatarios.

Persoal de inspección e instructores do procedemento.

3. Criterios de selección.

Instructores do procedemento e persoal de inspección, preferentemente xefes de base, xefes de grupo e xefes de sección. No resto do persoal de inspección e vixilancia, atenderase a criterios de antigüidade.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 15 horas.

4.2. Lugares e datas: Vigo, sala de xuntas da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo

e Acuicultura, os días 8, 9, 10, 11 e 15 de maio. A Coruña, sala de xuntas da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, os días 22, 23, 24, 25 e 29 de maio.

4.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 25 por edición.

5. Contido.

Análise dos erros máis frecuentes cometidos na tramitación e propostas de solucións.

Instruccións sobre a elaboración das actas de inspección e incautacións. O período probatorio e as diversas fases procedementais; garantías formais. A efectividade dos procedementos iniciados; a prescrición e a caducidade. O destino especial do expediente sancionador: o recurso contencioso e administrativo, a súa estimación, análise das súas causas.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de vinte días hábiles.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Subdirección Xeral de Protección de Recursos Mariños da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, e presentaranse no rexistro da devandita consellería ou das súas delegacións provinciais, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: normativa actual sobre o xogo.

1. Obxectivos.

Estudio da lexislación administrativa e tributaria en materia de xogo.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A , B e C e persoal laboral dos grupos I, II e III da Xunta de Galicia.

3. Criterios de selección.

Preferentemente persoal que desenvolva tarefas relacionadas co xogo.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 30 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 16, 17, 18, 19, 23, 24, 25, 26, 30 e 31 de outubro.

4.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 30.

5. Contido.

-Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas de Galicia e disposicións que a desenvolven.-Tributación sobre o xogo.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais a partir da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Interior, rúa Roma, s/n. Polígono das Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela e presentaranse, xunto coa documentación xustificativa dos

méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: formación rexistral en materia de cooperativas: Lei de cooperativas de Galicia.

1. Obxectivos.

Analiza-las funcións do rexistro e actuacións administrativas necesarias dentro do marco da Lei de cooperativas de Galicia.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A, B, C e D e persoal dos grupos I, II, III e IV da Xunta de Galicia.

3. Criterios de selección.

Preferentemente persoal adscrito ós rexistros de cooperativas.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 40 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 19 e 26 de setembro; 3, 10, 17, 24, 26 e 31 de outubro.

4.3. Horarios: das 16 ás 21 horas.

4.4. Prazas: 25.

5. Contido.

Os rexistros de cooperativas.-Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia: a cualificación rexistral, a organización rexistral e o réxime económico das sociedades cooperativas.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais a partir da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Relacións Laborais, San Caetano, bloque 5-3ª planta, 15771 Santiago de Compostela e presentaranse, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: inspección dos centros de servicios sociais (centros de menores, centros de atención á infancia e centros de acollida de mulleres víctimas de malos tratos).

1. Obxectivos.

Forma-los arquitectos técnicos e persoal habilitado para face-los informes técnicos dos centros regulados no Decreto 243/1995, e as persoas vinculadas ós procedementos de autorizacións e permisos, co fin de facilitárlle os coñecementos teóricos e prácticos que posibiliten un mellor desenvolvemento do seu traballo.

2. Destinatarios.

Persoal dos servicios centrais e das delegacións provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, relacionados coa función inspectora dos centros de servicios sociais e coa

tramitación dos procedementos de autorización e permiso de inicio de actividades.

3. Criterios de selección.

Determinarase pola relación directa do posto de traballo co contido do curso.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 16 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, do 23 ó 24 de maio.

4.3. Horarios: das 10 ás 14 horas e das 16 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 30.

5. Contido.

Análise e estudio da lexislación aplicable ós centros de servicios sociais e doutras disposicións normativas que incidan nos procedementos de autorización de creación e de permiso de inicio de actividades. Actualización e normalización de criterios para a emisión dos informes técnicos. Desenvolvemento dos distintos procedementos.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de quince días naturais.

6.2. As solicitudes dirixiranse á Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude (edificio administrativo San Caetano, s/n. 15771 Santiago de Compostela) e presentaranse no rexistro xeral da dita consellería ou nos rexistros das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: básico de información, orientación e asesoramento á xuventude.

1. Obxectivos.

Forma-lo persoal das casas da xuventude e dos servicios de información xuvenil a nivel teórico-práctico sobre as distintas asesorías que se poden levar a cabo nas oficinas de información xuvenil: emprego, educación, vivenda, servicio social, militar, voluntariado, programas europeos e asociacionismo para a xuventude.

2. Destinatarios.

Persoal da Dirección Xeral de Xuventude e das casas de xuventude dependentes da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude da Xunta de Galicia e responsables das oficinas de Información Xuvenil da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Criterios de selección.

Por antigüidade e en función dos efectivos de cada categoría da dirección xeral e de cada delegación provincial.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 34 horas.

4.2. Lugar e datas: Casa da Xuventude, praza do Matadoiro, Santiago de Compostela, os días 23, 24, 25, 30 e 31 de maio.

4.3. Horarios: das 10 ás 14 e das 16 ás 19.30 horas os días 23, 24 e 25 de maio. Das 11 ás 14 e das 16 ás 19 horas os días 30 e 31 de maio.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

-Introducción e esquema básico da estructura do sistema educativo na Lei xeral de educación e na LOXSE e a súa aplicación nunha Oficina de Información Xuvenil.

-Introducción e esquema básico sobre o acceso ó mercado laboral por conta allea (na empresa pública e na privada) e como autónomo e empresario. As distintas axudas á creación de emprego e a súa aplicación nunha Oficina de Información Xuvenil.

-Introducción e esquema básico sobre o voluntariado, a prestación social substitutoria e o servicio militar e a súa aplicación nunha Oficina de Información Xuvenil.

-Introducción e esquema básico sobre as axudas á vivenda para mozos/as e a súa aplicación nunha Oficina de Información Xuvenil.

-Introducción e esquema básico sobre os recursos da Unión Europea para a xuventude.

-Asociacionismo xuvenil.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 28 de abril.

6.2. As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude e presentaranse no rexistro xeral da dita consellería ou nos rexistros das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: o acollemento familiar.

1. Obxectivos.

Dota-los profesionais das ferramentas necesarias para desenvolver medidas alternativas ó internamento nos centros.-Analizar as vantaxes e os inconvenientes desta medida fronte a outras.-Proporcionar un espacio de reflexión e intercambio de experiencias.

2. Destinatarios.

Persoal adscrito ós servicios centrais e delegacións provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude da Xunta de Galicia na área de menores.

3. Criterios de selección.

Que estean adscritos a equipos de acollemento familiar.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, novembro.

4.3. Horarios: das 10 ás 14 e das 16 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 30.

5. Contido.

Aproximación histórica.-Consideracións legais: desamparo, garda/tutela, a Lei de protección da infancia.-Os servicios de acollemento familiares. Composición: os circuítos, o neno acollido de orixe, a familia acolledora.-A preparación para o acollemento do neno, do núcleo de orixe, da familia acolledora: criterios de selección. Curso de preparación.-A fase de acollemento.-O seguimento.Conclusións.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 31 de agosto.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo anexo II desta resolución e dirixiranse á Dirección Xeral de Familia da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, San Caetano, s/n, 15771 Santiago de Compostela, e presentaranse no rexistro xeral da dita consellería ou nos rexistros das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: A RIX e as novas tecnoloxías (2 edicións).

1. Obxectivos.

Divulga-las posiblidades e vantaxes da utilización informática e das novas tecnoloxías da RIX nas OMIX de Galicia. Trata-la información recibida da RIX de acordo coas necesidades de cada OMIX.

2. Destinatarios.

Persoal da Dirección Xeral de Xuventude e das casas de xuventude dependentes da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude da Xunta de Galicia e responsables das oficinas de Información Xuvenil da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Criterios de selección.

Por antigüidade e en función dos efectivos de cada categoría da dirección xeral e de cada delegación provincial.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: Casa da Xuventude, praza do Matadoiro, Santiago de Compostela, (1ª edición) os días 20, 21 e 22 de xuño; (2ª edición) os días 26, 27 e 28 de xuño.

4.3. Horarios: das 10 ás 14 e das 16 ás 19 horas os días 20, 21, 26 e 27 de xuño. Das 9 ás 15 horas os días 22 e 28 de xuño.

4.4. Prazas: 20 por edición.

5. Contido.

O acceso a Internet.-O acceso á RIX (Rede Informática de Información Xuvenil).-A teleformación na RIX.-O informe semanal.-O correo electrónico.Os foros de debate (news).-A páxina web.generation.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 22 de maio.

6.2. As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude e presentaranse no rexistro xeral da dita consellería ou nos rexistros das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: o deseño curricular nos centros residenciais de acción educativa.

1. Obxectivos.

Reflexionar sobre o papel e as funcións do currículum no eido da infancia. Reflexionar sobre os diferentes niveis e planos de reflexión sobre o currículum e a súa repercusión na análise, deseño e elaboración de propostas educativas. Utiliza-la propia experiencia académica e/ou profesional dos participantes como plataforma para elaborar instrumentos de reflexión sobre a propia práctica.

2. Destinatarios.

Persoal adscrito ós centros de menores dependentes da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

3. Criterios de selección.

Que pertenzan ós centros de menores propios da Xunta de Galicia.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 18, 19 e 20 de outubro.

4.3. Horarios: das 10 ás 14 horas e das 16 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 30.

5. Contido.

Situación inicial do grupo. Coparticipación e consenso.-O currículum: concepto e funcións; o currículum como hipótese de traballo, sentido e funcionalidade dunha oferta curricular no marco dos centros residenciais.-Cara a un marco de referencia para o deseño e a elaboración dunha proposta curricular: planos de reflexión e dimensións para o deseño e implementación dunha política curricular.-Condicións de partida.-Variables que hai que considerar: as dimensións que configuran os diferentes niveis de complexidade na organización e o desenvolvemento da educación como práctica social e socializadora.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 31 de agosto.

6.2. As solicitudes de admisións ó curso axustaranse ó modelo anexo II desta resolución e dirixiranse á Dirección Xeral de Familia da Consellería de Familia

e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, San Caetano, s/n, 15771 Santiago de Compostela, e presentaranse no rexistro xeral da dita consellería ou nos rexistros das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: a información e a calidade na atención á xuventude (2 edicións).

1. Obxectivos.

Aumenta-la calidade na prestación dos servicios de Información á Xuventude.

2. Destinatarios.

Persoal da Dirección Xeral de Xuventude e das Casas de Xuventude dependentes da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude da Xunta de Galicia e responsables das oficinas de Información Xuvenil da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Criterios de selección.

Por antigüidade e en función dos efectivos de cada categoría da dirección xeral e de cada delegación provincial.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: Casa da Xuventude, praza do Matadoiro, Santiago de Compostela, (1ª edición): 12, 13 e 14 de setembro; (2ª edición): 19, 20 e 21 de setembro.

4.3. Horarios: das 10 ás 14 horas e das 16 ás 19 horas os días 12, 13, 19 e 20 de setembro. Das 9 ás 15 horas os días 14 e 21 de setembro.

4.4. Prazas: 20 por edición.

5. Contido.

Características básicas da xuventude.-A relación interpersoal.-Elementos da comunicación. As barreiras.-Tipos de comunicación. Estratexias.-A calidade na prestación da información nas OMIX e PIX.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 15 de agosto.

6.2. As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude e presentaranse no rexistro xeral da dita consellería ou nos rexistros das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: toma de mostras en ambiente.

1. Obxectivos.

Unificar criterios para unha toma de mostra representativa, nos distintos medios (gas, líquido e sólido) e adecualos ás distintas técnicas tanto manuais como automáticas, de xeito que se poida garantir que a

análise da mostra representa realmente o estado do medio.

2. Destinatarios.

Técnicos da inspección ambiental, técnicos de laboratorio e axentes forestais.

3. Criterios de selección.

A selección do persoal farase tendo en conta as seguintes prioridades: -Persoal da Consellería de Medio Ambiente dedicado á análise in situ baixo normas legais e con máis de 6 meses de experiencia (EPA-UNE-ISO 45000 e equivalentes). -Persoal da Consellería de Medio Ambiente dedicado á mostraxe sistemática e envío de mostras a laboratorios de referencia. -Persoal da Consellería de Medio Ambiente dedicado á inspección que no último ano participase nalgunha toma de mostra para o laboratorio de referencia en Galicia. -Persoal da Consellería de Medio Ambiente que apoia legalmente a toma de mostras. -Persoal doutras consellerías que realizan toma de mostras para envío a laboratorios de análise.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 25 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 24 e 25 de maio e no Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia (r/ Torres Quevedo, nº 3 -5. A Grela. A Coruña) o día 26 de maio.

4.3. Horarios: das 9 ás 14 horas e das 16 ás 19 horas os días 24 e 25 de maio; das 9 ás 14 horas e das 16 ás 20 horas o día 26 de maio (xornada práctica de campo).

4.4. Prazas: 25.

5. Contido.

-Toma de mostras estatisticamente correcta. Análise probabilística das desviacións. Distribución Normal. Accións correctas ante unha toma de mostra dun lote non uniforme. Toma de mostra manual e automática: diferencias, semellanzas. Vantaxes e inconvenientes de cada un dos procedementos. Toma de mostra oficial: documentación, acta, etiquetaxe, defensión, testemuñas. Toma de mostra para análise inicial, contradictorio e arbitral ou dirimente. Toma de mostra e análise in situ: mostras ou parámetros perecedoiros; caducidade; almacenamento, cadea de custodia, cadea de frío. Uso de aditivos para parámetros lábiles e para conservación de mostras.

-Toma de mostras líquidas. Mostras de líquidos inmiscibles.

-Toma de mostras sólidas. Uniformidade. Estudio previo.

-Toma de mostra gasosa.

-Mostraxes complexas e novas metodoloxías.

-Clases prácticas e traballos de campo.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de quince días naturais.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Subdirección Xeral do Departamento de Investigación e Tecnoloxía Ambiental, Praza de Vigo, nº 2, entrechán, 15706 Santiago de Compostela.

As instancias, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, presentaranse no Rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente, nos das súas delegacións ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: apoio á xestión dos montes veciñais en man común.

1. Obxectivos.

Forma-los destinatarios nas técnicas e os sistemas de apoio ás comunidades de montes veciñais en man común para que estas melloren a xestión dos recursos dos seus montes.

2. Destinatarios.

Técnicos dos servicios de Montes e Industrias Forestais da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.

3. Criterios de selección.

A selección do persoal farase tendo en conta as seguintes prioridades: 1. Técnicos da Consellería de Medio Ambiente que desenvolvan funcións de xestión técnica e/ou administrativa, en relación cos montes veciñais en man común. 2. Outros técnicos da Consellería de Medio Ambiente.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 30 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 16 ó 20 de outubro.

4.3. Horarios: de tarde.

4.4. Prazas: 35.

5. Contido.

Síntese histórica dos montes veciñais en man común.-A lexislación dos montes veciñais en man común.-Importancia socioeconómica.-Situación actual dos montes veciñais en man común. O papel da Administración.-A fiscalidade e as comunidades dos montes veciñais en man común.-Os novos retos dos montes veciñais en man común.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de quince días naturais.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente, nos das súas delegacións ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Ás instancias xuntarase unha breve memoria descritiva das funcións que realizan, correspondentes á xestión relativa ós montes en man común.

* Curso: Criterios xerais para o funcionamento dos diversos tipos de organismos que realizan inspección: Norma UNE-EN 45.004.

1. Obxectivos.

Dota-la Inspección Ambiental da formación específica necesaria para poder aborda-la posta en marcha da Norma UNE-EN 45.004 na Inspección Ambiental na Comunidade Autónoma de Galicia. Actualización e normalización dos criterios xerais sobre a competencia técnica dos organismos que realizan a inspección. Normalización dos criterios xerais para o funcionamento dos diversos tipos de organismos que realizan inspección.

2. Destinatarios.

Técnicos do ámbito da inspección ambiental da Consellería de Medio Ambiente, así como persoal con funcións de inspección ambiental sectorial.

3. Criterios de selección.

O curso diríxese a persoal con responsabilidade en inspección ambiental xeral.

Persoal con responsabilidade complementaria á inspección xeral. Persoal con responsabilidade en inspección ambiental sectorial.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 9, 10 e 11 de maio.

4.3. Horarios: das 9.30 ás 13.30 horas e das 16 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 30.

5. Contido.

A inspección medioambiental. A Norma UNE-EN 45.004: contido e significado.

Interrelación desta norma con outras normas. Entidades de inspección ambiental. A Rede IMPEL. Caso práctico. Visita a unha instalación para a aplicación práctica dos coñecementos desenvolvidos ó longo do curso.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de quince días naturais.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental (Consellería de Medio Ambiente), rúa dos Feáns, nº 7, baixo, 15706 Santiago de Compostela.

As instancias, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente, nos das súas delegacións ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.