Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2000 Páx. 5.027

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2000 pola que se convocan varios cursos de formación continua para o persoal da Xunta de Galicia.

Dentro do programa de actividades de formación continua da EGAP para o 2000, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse os cursos referidos no anexo I a esta resolución, que se desenvolverán de conformidade coas seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nos cursos programados deberá solicitalo coa presentación da instancia e certificación que, como modelos oficiais, se recollen no anexo II e III desta resolución, respectivamente.

2. Naqueles cursos que conten con varias edicións presentarase unha soa instancia e para unha única localidade.

3. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso este ano.

4. O prazo de presentación de instancias comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e será de quince días hábiles.

Para os cursos que se iniciarán no mes de maio, o prazo de presentación de solicitudes rematará o día 25 de abril. Para os cursos que se iniciarán a partir do mes de setembro, o prazo de presentación de solicitudes rematará o día 30 de xuño.

5. As solicitudes, dirixidas ó director da EGAP, presentaranse no rexistro xeral da escola, sita na rúa de Madrid, 2-4, Polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, ou en calquera das dependencias recollidas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Segunda.-Acceso ás actividades.

Poderá participa-lo persoal que cumpra os requisitos específicos esixidos para cada curso no aludido anexo I.

Terceira.-Selección.

1. Os criterios selectivos que se van utilizar serán os sinalados con carácter xeral na resolución da Escola Galega de Administración Pública do 27 de xuño de 1994 (Diario Oficial de Galicia nº 149, do 3 de agosto).

2. Nos cursos que conten con varias edicións terá preferencia na selección efectuada para cada unha das localidades programadas o persoal que desempeñe o seu posto de traballo nelas.

3. As relacións de seleccionados para participar nos cursos previstos publicaranse nos taboleiros de anuncios da Escola Galega de Administración Pública e do Centro de Información Administrativa e Atención ó Cidadán e, se é o caso, nas delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Cuarta.-Certificacións de asistencia.

1. Outorgaráselle-lo correspondente certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade e dedicación no desenvolvemento dos cursos. Para os efectos de avalia-los coñecementos adquiridos polos alumnos, a EGAP poderá fixa-la realización das probas que considere oportunas ou requiri-la presentación dun traballo final de prácticas.

2. É obrigatoria a asistencia e puntualidade a tódalas sesións dos cursos. Toda ausencia deberá ser xustificada debidamente polo interesado. A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, a máis do 15% das horas lectivas programadas, impedirá a expedición da certificación anteriormente referida e dará lugar á baixa no curso coa perda de tódolos dereitos.

3. Para coñecemento e constancia no seu expediente, os participantes nos cursos deberán facilitar copia das certificacións recibidas ós servicios de persoal do centro directivo ó que estean adscritos.

Quinta.-Modificacións.

1. A EGAP poderá modifica-lo desenvolvemento e mailos contidos dos cursos anunciados co fin de adaptalos ás necesidades da Administración, así como ás distintas continxencias que poidan xurdir.

2. No suposto de que o número de instancias recibidas sexa inferior ó 50% das prazas convocadas, a EGAP reserva para si o dereito de suspende-la realización do curso de que se trate, utilizando para o efecto os medios de notificación ós interesados previstos na normativa vixente.

Sexta.-Financiamento.

En razón dos fondos con que se financiarán estes cursos, a súa realización efectiva está condicionada á transferencia daqueles por parte do Instituto Nacional de Administración Pública.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2000.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública

ANEXO I

Procedemento administrativo (7 edicións).

1. Obxectivos.

Profundar nos coñecementos xerais na materia e capacita-los participantes no manexo da Lei de réxi

me xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A, B e C e persoal laboral dos grupos I, II e III da Xunta de Galicia, que no desempeño do seu posto de traballo realicen funcións relacionadas cos obxectivos dos curso.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 24 horas.

3.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela (2 edicións), A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, 2, 6, 7, 8, 9, 13, 14 e 15 de de novembro.

3.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.4. Prazas: 30 por edición.

4. Contido.

Ámbito de aplicación. Principios. Os dereitos e deberes dos cidadáns. O silencio administrativo. Os interesados. O acto administrativo. O procedemento administrativo. Os recursos administrativos. A responsabilidade patrimonial. A potestade sancionadora.

Réxime xurídico das axudas.

1. Obxectivos.

Unificar criterios e perfecciona-los métodos legais de actuación de acordo co establecido nas distintas normas de axudas.

2. Destinatarios.

Persoal da Xunta de Galicia con responsabilidade directa na tramitación e xestión de axudas e subvencións, que se atopen destinados en unidades dedicadas a esta tarefa.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 20 horas.

3.2. Lugares e datas: EGAP, os días 30 e 31 de maio; 5, 6, 7, 8 e 12 de xuño.

3.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.4. Prazas: 30.

4. Contido.

O procedemento das subvencións. A súa concesión. O pagamento das axudas. O control das subvencións. As subvencións no orzamento público.

Xeral de contratación administrativa (7 edicións).

1. Obxectivos.

Profundar nos coñecementos xerais na materia e capacita-los participantes no manexo da Lei 53/1999, do 28 de decembro, pola que se modifica a Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A e B e persoal laboral dos grupos I e II da Xunta de Galicia, que no desempeño do seu posto de traballo realicen funcións relacionadas cos obxectivos do curso.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 24 horas.

3.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela (2 edicións), A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, 4, 5, 6, 7, 11, 12, 13 e 14 de setembro.

3.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.4. Prazas: 30 por edición.

4. Contido.

Principios xerais. Actuacións previas. O contrato de obras. O contrato de xestión de servicios públicos. Outros tipos de contratos.

Réxime xurídico dos convenios de colaboración.

1. Obxectivos.

O estudio da problemática xurídica involucrada nunha figura practicamente ausente de regulación polo dereito ositivo, con especial fincapé na súa relación coa normativa contractual e subvencional, formulando tanto os campos fundamentais de aplicación da institución como os seus eventuais límites.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A e B e persoal laboral dos grupos I e II da Xunta de Galicia, que no desempeño do seu posto de traballo desenvolvan tarefas relacionadas coas materias obxecto do curso.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 20 horas.

3.2. Lugares e datas: EGAP, os días 30 e 31 de maio; 5, 6, 7, 8 e 12 de xuño.

3.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.4. Prazas: 25.

4. Contido.

O contrato administrativo e o convenio de colaboración. Aplicación da normativa contractual ós convenios administrativos. As subvencións públicas e o convenio de colaboración. Os convenios interadministrativos e os convenios administrativos.

O procedemento administrativo sancionador (2 edicións).

1. Obxectivos.

Unificar criterios e perfeciona-los métodos legais de actuación de acordo co establecido nas distintas normas sancionadores.

2. Destinatarios.

Persoal da Xunta de Galicia con responsabilidade directa na tramitación e supervisión dos procedementos sancionadores que se deben incoar no seu ámbito de aplicación, que estean destinados en uni

dades administrativas con competencias sancionadoras.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 20 horas.

3.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela e Pontevedra, 18, 19, 20, 21, 25, 26 e 27 de setembro.

3.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.4. Prazas: 30 por edición.

4. Contido.

O procedemento sancionador. O prego de cargos. A audiencia do interesado. A gradación da sanción. A execución da sanción: a multa, o comiso, a retirada da licencia.

A responsabilidade penal, disciplinaria e civil dos funcionarios.

1. Obxectivos.

Profundar no coñecemento dos delictos dos funcionarios públicos no exercicio dos seus cargos, nas infraccións administrativas que producen imputabilidade disciplinaria e na responsabilidade civil.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A e B e persoal laboral dos grupos I e II, con destino na Administración da Xunta de Galicia, interesados na materia obxecto do curso.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 24 horas.

3.2. Lugares e datas: EGAP, os días 4, 5, 6, 7, 11, 12, 13 e 14 de setembro.

3.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.4. Prazas: 25.

4. Contido.

Delictos dos funcionarios públicos no exercicio dos seus cargos: prevaricación. Infidelidade na custodia de documentos. Violación de segredos. Suborno. Responsabilidade disciplinaria e civil.

O control de legalidade da Administración.

1. Obxectivos.

Profundar no estudio e análise da inculcación administrativa á legalidade, estudiando os principais órganos involucrados no seu aspecto competencial e funcional, así como analiza-los principais aspectos do control da legalidade efectuado pola xurisdicción contencioso-administrativa.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A e B e persoal laboral dos grupos I e II da Xunta de Galicia, que no desempeño do seu posto de traballo realicen funcións relacionadas co contido do curso.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 20 horas.

3.2. Lugares e datas: EGAP, os días 2, 3, 4, 9, 10, 11 e 16 de outubro.

3.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.4. Prazas: 25.

4. Contido.

Funcións da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia. Funcións da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma. O Consello Consultivo de Galicia. O control de legalidade pola xurisdicción contencioso-administrativa.

Técnicas de redacción de informes, propostas e resolucións (5 edicións).

1. Obxectivos.

Domina-las técnicas de redacción dos documentos administrativos complexos.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A e B e persoal laboral dos grupos I e II da Xunta de Galicia, que no desempeño do seu posto de traballo desenvolvan tarefas relacionadas coas materias obxecto do curso.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 20 horas.

3.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, 17, 18, 19, 23, 24, 25 e 26 de outubro.

3.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.4. Prazas: 25 por edición.

4. Contido.

A linguaxe administrativa como linguaxe de especialidade. Criterios xerais de estilo na redacción administrativa. Os informes. As resolucións. Os recursos.

A normativa laboral. O convenio colectivo único para o persoal da Xunta de Galicia. A negociación colectiva.

1. Obxectivos.

Profundar no coñecemento da normativa laboral vixente, con especial atención á normativa autonómica.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A, B e C e persoal laboral dos grupos I, II e III da Xunta de Galicia, que desempeñen postos de traballo nos que leven a cabo funcións relacionadas co contido do curso.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 30 horas.

3.2. Lugares e datas: EGAP, os días 30 e 31 de outubro; 2, 6, 7, 8, 9, 13, 14 e 15 de novembro.

3.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.4. Prazas: 30.

4. Contido.

A normativa laboral. As modificacións producidas na contratación laboral. O réxime da Seguridade Social e o cálculo das pensións. As empresas de traballo temporal e a súa relación coa Administración pública. O convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia. O Servicio Galego de Colocación. A negociación colectiva.

Xeral de xestión orzamentaria (2 edicións).

1. Obxectivos.

Proporcionar coñecementos específicos en materia de xestión orzamentaria.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A, B e C e persoal laboral dos grupos I, II e III con destino na Administración da Xunta de Galicia, interesados na materia obxecto do curso.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 24 horas.

3.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela e A Coruña, 2, 3, 4, 9, 10, 11, 16 e 17 de outubro.

3.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.4. Prazas: 30 por edición.

4. Contido.

Introducción ós orzamentos da Comunidade Autónoma galega. A execución dos diferentes capítulos orzamentarios. Modificacións orzamentarias. Liquidación e peche do orzamento.

Perfeccionamento do persoal de habilitación de gastos.

1. Obxectivos.

Análise das funcións e os cometidos propios das unidades de habilitación.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A, B e C e persoal laboral dos grupos I, II e III da Xunta de Galicia, relacionados coa materia obxecto do curso, preferentemente habilitados das consellerías e os organismos autónomos da Xunta de Galicia.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 20 horas.

3.2. Lugares e datas: EGAP, os días 18, 19, 23, 24, 25, 26 e 30 de outubro.

3.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.4. Prazas: 30.

4. Contido.

Xestión orzamentaria: principios básicos. Xestión de gastos: esquema xeral do procedemento. Os gastos menores. Réxime de pagamentos: pagamentos en firme. Provisión de fondos: anticipos de caixa fixa e pagamentos que hai que xustificar.

Formación de formadores.

1. Obxectivos.

Introducir, analizar e mellora-las habilidades didácticas das persoas que se dedican á impartición de accións formativas.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A e B e persoal laboral dos grupos I e II da Xunta de Galicia, que impartisen cursos ou actividades formativas da EGAP.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 20 horas.

3.2. Lugares e datas: EGAP, os días 16, 20, 21, 22, 23, 27 e 28 de novembro.

3.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.4. Prazas: 25.

4. Contido.

A aprendizaxe adulta. O grupo como destinatario da acción formativa. Métodos e sistemas de aprendizaxe.

Xeral de contratación administrativa (7 edicións).

1. Obxectivos.

Profundar nos coñecementos xerais na materia e capacita-los participantes no manexo da Lei 53/1999, do 28 de decembro, pola que se modifica a Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos C e D e persoal laboral dos grupos III e IV da Xunta de Galicia, que no desempeño do seu posto de traballo realicen funcións relacionadas cos obxectivos do curso.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 20 horas.

3.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela (2 edicións), A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, 16, 18, 22, 23, 24, 25 e 29 de maio.

3.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.4. Prazas: 30 por edición.

4. Contido.

Principios xerais. Actuacións previas. O contrato de obras. O contrato de xestión de servicios públicos. Outros tipos de contratos.

O expediente administrativo e os documentos administrativos (6 edicións).

1. Obxectivos.

Salienta-los aspectos teóricos e prácticos involucrados na tramitación dos expedientes administrativos, así como estudia-lo documento administrativo desde o punto de vista xurídico e as principais formas documentais, todo iso relacionado cos dereitos dos cidadáns en relación cos expedientes administra-

tivos e abordando a problemática xurídica dos rexistros, certificacións e compulsas.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos C e D e persoal laboral dos grupos III e IV da Xunta de Galicia, que no desempeño do seu posto de traballo realicen funcións relacionadas co contido do curso.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 20 horas.

3.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, 13, 14, 15, 19, 20, 21 e 22 de xuño.

3.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.4. Prazas: 25 por edición.

4. Contido.

Custodia, formación e ordenación do expediente. Clases de documentos, formalidades documentais. Dereitos dos cidadáns en relación cos expedientes administrativos. Rexistros, certificacións e compulsas. Acceso ó expediente administrativo e ós arquivos e rexistros.

Introducción á Unión Europea e ás súas institucións (6 edicións).

1. Obxectivos.

Adquirir un nivel básico de coñecementos sobre as institucións da Unión Europea e o dereito comunitario, así como sobre determinadas áreas da Administración: xestión financeira, xestión de axudas, proxectos e iniciativas cofinanciadas e asistencia a nacionais europeos.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos C e D e persoal laboral dos grupos III e IV con destino na Administración da Xunta de Galicia, que no desempeño do seu posto de traballo realicen funcións relacionadas cos obxectivos do curso.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 24 horas.

3.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, 15, 16, 18, 22, 23, 24, 25 e 29 de maio.

3.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.4. Prazas: 25 por edición.

4. Contido.

Orixe das comunidades europeas. O sistema institucional: comisión. Consello. Parlamento. Tribunal de Xustiza. Outros órganos comunitarios. O ordenamento xurídico comunitario: sistema de fontes. Dereito orixinario. Dereito derivado. Novos ámbitos de integración: a Unión Económica e Monetaria. Reforma dos tratados. Ampliación da Unión Europea. Participación da Comunidade Autónoma galega no entramado comunitario. Acceso á información comunitaria.

O euro: formación básica para a tramitación administrativa e a atención ó cidadán (6 edicións).

1. Obxectivos.

Prepara-los funcionarios que van asisti-los cidadáns con motivo das súas demandas de información por causa da desaparición da peseta. Resolución das dúbidas máis comúns en expedientes de contía en diñeiro e en especial as que afecten a colectivos cualificados (anciáns, minusválidos sensoriais, menores, consumidores, persoas con carencias educativas). Trátase así de que a Administración autonómica estea preparada para tranquilizar e asesora-los ós cidadáns, con antelación, considerando a diminución do tempo de convivencia entre o euro e a peseta.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos C e D e persoal laboral dos grupos III e IV con destino na Administración da Xunta de Galicia, que no desempeño do seu posto de traballo realicen funcións relacionadas cos obxectivos do curso.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 20 horas.

3.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, 5, 6, 7, 8, 12, 13 e 14 de xuño.

3.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.4. Prazas: 20 por edición.

4. Contido.

A Unión Económica e Monetaria: introducción básica. Regulamentos e recomendacións comunitarias sobre a introducción do euro: cuestións prácticas. Normativa española sobre a adaptación ó euro: aspectos administrativos. Normativa autonómica sobre a adaptación ó euro. Programación sobre a retirada da peseta e distribución do euro. Formulación de casos problemáticos sobre a desaparición da peseta: efectos para os consumidores, servicios públicos básicos, incidencia en colectivos sociais singularizados. Resolución de casos prácticos de arredondamento e tramitación administrativa.

Xestión de persoal.

1. Obxectivos.

Proporcionar uns coñecementos básicos en materia de xestión do persoal das administracións públicas.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos C e D e persoal laboral dos grupos III e IV, destinados en unidades de recursos humanos da Administración da Xunta de Galicia.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 20 horas.

3.2. Lugares e datas: EGAP, os días 18, 19, 20, 21, 25, 26 e 27 de setembro.

3.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.4. Prazas: 30.

4. Contido.

Introducción ó tema. O persoal ó servicio das administracións públicas. Réxime xurídico e características de xestión dos diferentes tipos de persoal.

Básico de arquivo (7 edicións).

1. Obxectivos.

A iniciación ó tratamento documental e ás técnicas de arquivo na Administración pública.

2. Destinatarios.

Persoal da Xunta de Galicia, pertencente ós grupos funcionariais C, D e E e laborais III, IV e V, que no desempeño do seu posto de traballo leven a cabo tarefas de arquivo de documentación administrativa.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 20 horas.

3.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela (2 edicións), A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, 13, 14, 15, 19, 20, 21 e 22 de xuño.

3.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.4. Prazas: 30 por edición.

4. Contido.

Información e documentación. O proceso documental. Os documentos das administracións públicas. As técnicas de arquivo.

Información e atención ó cidadán (6 edicións).

1. Obxectivos.

Comprensión dos modos de conducta e das diferentes situacións que se poden presentar no desenvolvemento dun posto de traballo de atención ó público.

2. Destinatarios.

Persoal pertencente ós grupos funcionariais C, D e E e laborais III, IV e V da Xunta de Galicia, que ocupen postos de traballo que comporten tarefas de atención ó público e información ó cidadán.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 24 horas.

3.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela: 22, 23, 24, 25, 29, 30 e 31 de maio; A Coruña: 5, 6, 7, 15, 16, 19 e 20 de xuño; Lugo: 8, 9, 12, 13, 14, 20 e 21 de xuño; Ourense: 21, 22, 23, 26, 27, 28 e 29 de xuño; Pontevedra: 21, 22, 25, 26, 27 de setembro; 3 e 4 de outubro; Vigo: 18, 19, 20, 28, 29 de setembro; 2 e 3 de outubro.

3.3. Horarios: das 17 ás 20.30 horas.

3.4. Prazas: 30 por edición.

4. Contido.

A relación interpersoal. Elementos básicos da comunicación. Técnicas de información ó público. Resolución de situacións. A información e atención ó público na Xunta de Galicia.

As redes informáticas: a rede Internet (2 edicións).

1. Obxectivos.

Divulga-las posibilidades e vantaxes do funcionamento a través das redes informáticas.

2. Destinatarios.

Funcionarios con coñecementos informáticos. Responsables de decisión da conexión coa rede Internet. Usuarios das redes informáticas, en especial da rede Internet.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 24 horas.

3.2. Lugares e datas: EGAP (2 edicións), os días 16, 17, 18, 19, 23, 24, 25, 26, 30 e 31 de outubro; 6 e 7 de novembro.

3.3. Horarios: das 17 ás 19 horas (1ª edición); das 19 ás 21 horas (2ª edición).

3.4. Prazas: 20 por edición.

4. Contido.

O acceso a Internet. As conexións. As redes. As páxinas web e as canles de información. As canles de diálogo. O correo electrónico. Os foros de discusión (news).

Iniciación á informática. O procesador de textos (10 edicións).

1. Obxectivos.

Proporcionar uns coñecementos básicos de informática, con especial atención ás posibilidades que ofrece o tratamento de textos na realización das tarefas administrativas.

2. Destinatarios.

O persoal de Administración da Xunta de Galicia.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 40 horas.

3.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela (2 edicións), A Coruña (2 edicións), Ferrol, Lugo, Ourense (2 edicións), Pontevedra e Vigo, 4, 5, 6, 7, 11, 12, 13, 14, 18, 19, 21, 25, 26 e 28 de setembro; 2, 3, 4, 9, 10 e 11 de outubro.

3.3. Horarios: das 17 ás 19 horas (1ª edición); das 19 ás 21 horas (2ª edición).

3.4. Prazas: 20 por edición.

4. Contido.

Arquitectura dun ordenador. Estructura do sistema operativo. Estructura dos discos. Creación, edición de documentos. Tipos de letra e impresión de documentos. Fusións con bases de datos, mailings, etiquetas.

Xestor de base de datos relacionais (10 edicións).

1. Obxectivos.

Proporcionar uns coñecementos introductorios no manexo do xestor de bases de datos relacionais.

2. Destinatarios.

Persoal de Administración da Xunta de Galicia que no seu posto de traballo utilice bases de datos.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 30 horas.

3.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela (2 edicións), A Coruña (2 edicións), Ferrol, Lugo, Ourense (2 edicións), Pontevedra e Vigo, 8, 9, 14, 15, 16, 20, 21, 22, 23, 27, 28, 29 e 30 de novembro; 4 e 5 de decembro.

3.3. Horarios: das 17 ás 19 horas (1ª edición); das 19 ás 21 horas (2ª edición).

3.4. Prazas: 20 por edición.

4. Contido.

Conceptos sobre bases de datos. Creación, actualización e ordenación dunha base de datos. Deseño de etiquetas e informes.

Folla de cálculo (10 edicións).

1. Obxectivos.

Proporcionar uns coñecementos introductorios no manexo da folla de cálculo.

2. Destinatarios.

Persoal de Administración da Xunta de Galicia que no seu posto de traballo utilice folla de cálculo.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 24 horas.

3.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela (2 edicións), A Coruña (2 edicións), Ferrol, Lugo, Ourense (2 edicións), Pontevedra e Vigo, 16, 18, 22, 23, 24, 25, 29, 30 e 31 de maio; 5, 6 e 7 de xuño.

3.3. Horarios: das 17 ás 19 horas (1ª edición); das 19 ás 21 horas (2ª edición).

3.4. Prazas: 20 por edición.

4. Contido.

Nocións de follas de cálculo. Introducción de datos. Os comandos da folla de cálculo.Copias de datos gráficos. Deseño de follas de cálculo.

ANEXO III

D... secretario xeral/delegado provincial/responsable dos servicios de persoal na Consellería/Delegación Provincial de...

CERTIFICO:

Que Don/a..., no desempeño do seu posto de traballo de... realiza tarefas directamente relacionadas co contido do curso...

..., ... de... de 2000.

Asdo:...

Especifique a denominación do curso solicitado.