Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 2000 Páx. 4.994

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (expediente 19/1999).

A Comisión de Goberno Municipal en sesión celebrada o día 18 de febreiro de 2000 adoptou, entre outros, o seguinte acordo en relación co expediente de delimitación do polígono E3.01 (Labañou):

Primeiro.

a) Adoptar acordo sobre a parcela nº 3 no seguinte sentido:

Acepta-la alegación presentada por Antonio de la Iglesia Mantiñán no nome propio e en beneficio da

comunidade hereditaria de Antonio de la Iglesia Seoane, no sentido de declara-la propiedade da parcela nº 3 como propiedade litixiosa, seguindo as actuacións posteriores co Ministerio Fiscal e tendo como interesados a José, Luis e Antonio de la Iglesia Mantiñán e Miguel Ángel, José Antonio e Alejandro Rodríguez de la Iglesia.

Acepta-la alegación presentada por Ramón López Alonso en representación da entidade mercantil Promociones Bermúdez y López, S.L. no sentido de declara-la propiedade da parcela nº 3 como propiedade litixiosa.

Desestima-las alegacións presentadas por Antonia Martínez Orro de maneira que toda a parcela nº 3 se declára propiedade litixiosa en tanto non se resolvan xudicialmente as cuestións relativas ós títulos de propiedade. Desestimar tamén respecto da superficie de 345,70 m reclamados no lindeiro sur (co grupo María Pita) por estar esta superficie incluída na parcela 10 a nome do concello como sistema local existente.

Acepta-la alegación presentada por María Fernanda de la Iglesia Santos respecto dos intereses que poida ter na parcela nº 3, no sentido de declara-la dita propiedade como litixiosa, seguindo as actuacións futuras co Ministerio Fiscal e tendo como interesados a alegante e a súa irmá Mª Carmen de la Iglesia Santos.

b) Adoptar acordo respecto á parcela nº 4 no seguinte sentido:

Aceptar parcialmente as alegacións presentadas por Raúl Pedreira de la Iglesia (nº 32988/99), por Antonio de la Iglesia Mantiñán (nº 33016/99), por Mª Fernanda de la Iglesia Santos (nº 33038/99) e por Miguel A., José A. e Alejandro Rodríguez de la Iglesia; José e Luis de la Iglesia Mantiñán (nº 33055/99), no sentido de considerar titulares da parcela nº 4 as seguintes persoas:

Mª Fernanda de la Iglesia Santos.

Mª Carmen de la Iglesia Santos.

Antonio de la Iglesia Mantiñán.

Luis de la Iglesia Mantiñán.

José de la Iglesia Mantiñán.

Miguel A. Rodríguez de la Iglesia.

José A. Rodríguez de la Iglesia.

Alejandro Rodríguez de la Iglesia.

Raúl Pedreira de la Iglesia.

E desestimar respecto da pretensión referida á superficie, ó quedar en todo caso á marxe do expediente de delimitación do polígono.

c) Acepta-la alegación nº 33038/99 presentada por Mª Fernanda de la Iglesia Santos no que afecta a parcela nº 6 de maneira que deben figurar como titulares Mª Fernanda e Mª del Carmen de la Iglesia Santos e respecto da superficie determinar que se computan 1.271 m.

d) Respecto da parcela nº 7 aceptar parcialmente as alegacións presentadas por Raúl Pedreira de la Iglesia, nº 32988/99; por Antonio de la Iglesia Mantiñán, nº 33016/99; por Mª Fernanda de la Iglesia Mantiñán, nº 33038/99 e polos irmáns Rodríguez de la Iglesia e irmáns de la Iglesia Mantiñán, nº 33055/99, no relativo á titularidade da citada parcela que deberá figurar a nome de:

Mª Fernanda de la Iglesia Santos.

Mª Carmen de la Iglesia Santos.

Antonio de la Iglesia Mantiñán.

Luis de la Iglesia Mantiñán.

José de la Iglesia Mantiñán.

Miguel A. Rodríguez de la Iglesia.

José A. Rodríguez de la Iglesia.

Alejandro Rodríguez de la Iglesia.

Raúl Pedreira de la Iglesia.

E desestimala no relativo á superficie ó quedar en todo caso á marxe do expediente de delimitación de polígono.

e) Respecto da parcela nº 9 ARE, Ref. catastral 7028011, corrixi-los datos identificativos de maneira que deben figurar como propietarios de 1.069,12 m. Ramón Val Santiso e outros copropietarios da parcela, xa que o resto é de propiedade municipal.

Segundo.-Aprobar definitivamente a delimitación, como polígono único, do POL E3.01 para a xestión do APE E3.01 coa seguinte descrición e relación de propietarios afectados:

Partindo da esquina noroeste do grupo María Pita na Ronda de Outeiro (punto 1) e discorrendo polo bordo da beirarrúa existente diríxese en liña quebrada de 97,35 m/l (puntos 2 e 3) cara ó punto 4 (esquina nordés do grupo María Pita) onde toma dirección sur ata o punto 10 na esquina do citado grupo coa Avda. de Labañou) mediante unha liña de 250 m que vai seguindo as voltas da beirarrúa existente. No dito punto a liña toma primeiro dirección sueste nunha diagonal de dez metros cara á esquina oposta da r/ Honduras, dirixíndose entón cara ó leste novamente nunha liña recta de 34 m/l que discorre paralela á fachada das edificacións da Avda. de Labañou (punto 11) onde fai unha pequena volta tomando como referencia a esquina sueste do edificio do Refuxio da Caridade, punto ó que se dirixe deténdose na intersección da prolongación do muro que cerra polo leste a propiedade do Refuxio (punto 12). Desde este punto, a liña xira cara ó norte discorrendo pegada ó citado cerramento en liña de 174

m/l ata o seu entronque coa aliñación exterior do paseo marítimo (punto 13). Finalmente o polígono cérrase coa liña formada pola aliñación exterior do citado paseo e da Ronda de Outeiro, de 327 m/l, ata o seu entronque co punto nº 1.

Relación propietarios

ParcelaRef. catastralPropietarioInteresadosSuperficie afecta

o polígono

Superficie afecta as

dotacións locais

1. APE7028001Construcciones Coruña BOH369,80

2. APE7028002Provico, S.L.490,20

3. APE7028004Propiedade litixiosaMinisterio Fiscal

Interesados.

1. Martínez Orro, S.L.

2. Promociones Bermúdez y López, S.L.

3. María Fernanda e Carmen de la Iglesia Santos.

4. José, Luis e Antonio de la Iglesia Mantiñán.

5. Miguel Ángel, José Antonio e Alejandro Rodríguez de la Iglesia.

1.873,30

4. APE70280051. Mª Fernanda e Mª Carmen de la Iglesia Santos 1/10.

2. Antonio de la Iglesia Mantiñán 1/10.

3. Luis de la Iglesia Mantiñán 1/10.

4. José de la Iglesia Mantiñán 1/10.

5. Miguel A. Rodríguez de la Iglesia.

6. José Antonio Rodríguez de la Iglesia.

7. Alejandro Rodríguez de la Iglesia (1/10 entre os tres (5, 6, 7).

8. Raúl Pedreira de la Iglesia 5/10.

3.200,40

5. APE70280061. Carmen Mantiñán Rodríguez.

2. Mercedes, Dolores, Antonio e Eduardo Seoane Mantiñán (herdeiros de Manuel Seoane Suárez).

Pedro Montoro Seoane e outros4.148

6. APE7028007Fernanda e Carmen de la Iglesia Santos1.271

7. APE70280081. Mª Fernanda e Mª Carmen de la Iglesia Santos 1/10.

2. Antonio de la Iglesia Mantiñán 1/10.

3. Luis de la Iglesia Mantiñán 1/10.

4. José de la Iglesia Mantiñán 1/10.

5. Miguel A. Rodríguez de la Iglesia.

6. José Antonio Rodríguez de la Iglesia.

7. Alejandro Rodríguez de la Iglesia (1/10 entre os tres (5, 6, 7)

8. Raúl Pedreira de la Iglesia 5/10.

21.356

8. APE70280091. Carmen Mantiñán Rodríguez

2. Mercedes, Dolores, Antonio e Eduardo Seoane Mantiñán, herdeiros de Manuel Seoane Suárez

Pedro Montoro Seoane e outros1.257

10. APEConcello da Coruña4.148,34.148,3

Total38.114

Ten asignado, formando parte da mesma área de reparto, unha parcela exterior (IG F4.01) cos seguintes datos identificativos:

ParcelaRef. catastralPropietarioInteresadosSuperficie afecta

o polígono

Superficie afecta as

dotacións locais

9. ARE7028011Ramón Val Santiso e outros1.069,12

9. ARE7028011Concello da Coruña623623

Terceiro.-Determinar que a superficie do APE E3.01 é de 38.114 m. A superficie do IG-F4.01 adscrito ó mesmo é de 1.692 m. A superficie dos sistemas locais existentes é de 4.771,3 m e o aproveitamento lucrativo resultante é de 77.855,12 m.

Cuarto.-Proceder á publicación definitiva da delimitación do polígono E3.01 no Diario Oficial de Galicia.

Quinto.-Contra esta resolución cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á súa notificación. Non obstante pode interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Alcaldía Presidencia no prazo dun mes e contra a súa desestimación poderá interpoñer recurso con-

tencioso-administrativo ante o TSXG no prazo de dous meses, se a resolución fora expresa, e noutro caso no de seis meses contados a partir da desestimación presunta do recurso de reposición, isto é a partir do mes da interposición.

O que se publica para xeral coñecemento e en concreto para aquelas persoas ás que a notificación persoal non se poida practicar, polas circunstancias que en cada caso se especifique na dilixencia do notificador, realizada de acordo co estipulado no artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, así como para os titulares de parcelas dos que o nome, domicilio ou ámbolos datos resulten descoñecidos para esta Administración e que a continuación se relacionan:

ParcelaRef. catastralPropietarioDomicilio

27028002Provico, S.L.Descoñecido

57028006Carmen Mantiñán Rodríguez e Mercedes, Dolores, Antonio e Eduardo Seoane Mantiñán, herdeiros de Manuel Seoane SuárezDescoñecido

87028009Carmen Mantiñán Rodríguez e Mercedes, Dolores, Antonio e Eduardo Seoane Mantiñán, herdeiros de Manuel Seoane SuárezDescoñecido

A Coruña, 28 de febreiro de 2000.

O alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda