Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 2000 Páx. 4.980

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Criadores de Ganado Vacún de Raza Limusín de Galicia (Agal).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Criadores de Ganado Vacún de Raza Limusín de Galicia (Agal), que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación os criadores da raza limusín que teñan a explotación gandeira desta raza na Comunidade Autónoma de Galicia.

Asinan a acta de constitución: Vicente Prieto Ledo e dúas persoas máis.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2000.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais