Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 2000 Páx. 4.979

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 31 de marzo de 2000 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto por concurso e trámite urxente, da contratación de dous servicios de restauración de retablos.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la licitación, mediante procedemento aberto por concurso e trámite urxente, dos seguintes contratos de servicios:

1. 1ª fase da restauración do retablo maior da igrexa parroquial de Santa María do Campo en Ribadeo (Lugo).

-Orzamento de licitación: seis millóns de pesetas (6.000.000 de ptas.), IVE incluído.

-Prazo de execución: catro (4) meses.

-Garantía provisional: dispensada.

-Clasificación do contratista: non se esixe

2. Restauración do retablo maior da capela da Concepción de Bañobre en Miño (A Coruña).

-Orzamento de licitación: seis millóns de pesetas (6.000.000 de ptas.), IVE incluído.

-Prazo de execución: catro (4) meses.

-Garantía provisional: dispensada.

-Clasificación do contratista: non se esixe.

-Exposición da documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e os pregos de prescricións técnicas estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, das 10 ás 14 horas, e no teléfono: 981 58 89 38.

-Prazo de presentación de proposicións: será ata as 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

-Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se tramitan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares. Os licitadores que se presenten a máis dunha contratación deberán presentar toda a documentación (sobres A, B e C) para cada unha delas.

-Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

O importe do anuncio deste concurso será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2000.

P.D. (Orde de 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo