Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T. Piruleiro-14 Dic.-Rda. de Outeiro-D. Pastora-Inst. VV. Fr.
Situación: A Coruña.
Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al de 990 m de lonxitude, con orixe no C.T. Divina Pastora (expediente 27094) e final no C.T. VV. Fco. Franco (expediente 26995). A Coruña.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 10 de marzo de 2000.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña