Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T. a 15/20 kV, tunel autop.
Situación: Campolongo-Pontedeume.
Características técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV de 213 m de lonxitude en conductor LA-56, que parte da L.M.T. Crego-Aguabar e final no apoio da pasaxe aéreo-subterránea a C.T. autoestrada en túnel de Campolongo cara norte. Concello de Pontedeume.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 28 de febreiro de 2000.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña