Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 2000 Páx. 4.963

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 17 de marzo de 2000 pola que se convoca concurso de méritos específico entre funcionarios de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas de niveis non universitarios, para cubrir prazas de asesores técnicos na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

O Decreto 244/1999, do 29 de xullo, polo que se regula a cobertura de diversas prazas por funcionarios públicos docentes que impartan ensinanzas de niveis non universitarios, dispón no seu artigo 4 que no anexo de persoal docente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderán figurar prazas de asesores técnicos, que deberán ser provistas por concurso de méritos específico entre funcionarios de carreira dos corpos docentes que impartan ensinanzas de niveis non universitarios.

Sendo necesaria a provisión das devanditas prazas de asesores técnicos para presta-los seus servicios nos diferentes departamentos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e tendo en conta que a disposición derradeira primeira do decreto mencionado autoriza o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria a dicta-las disposicións que sexan precisas para a aplicación do disposto no referido Decreto 244/1999.

Na súa virtude, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Convocar concurso público de méritos específico entre funcionarios de carreira dos corpos docentes que impartan ensinanzas de niveis non universitarios.

Segundo.-As prazas que se ofertan neste concurso de méritos figuran no anexo I desta orde.

Terceiro.-Poderán participar nesta convocatoria os funcionarios de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas de niveis non universitarios con destino actual no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, que conten, polo menos, con cinco anos de servicios como docentes en centros públicos, estean en posesión do curso de perfeccionamento de lingua galega ou da súa validación e xustifiquen documentalmente reuni-los requisitos sinalados para cada praza.

Cuarto.-O prazo para a presentación de instancias para tomar parte nesta convocatoria, dirixidas ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, será dun mes desde a publicación da presente orde e poderán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, nas delegacións provinciais ou ben na forma prevista no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No suposto de optar pola presentación da solicitude e demais documentación ante unha oficina de correos, farase en sobre aberto para que a instancia sexa selada e datada polo funcionario de correos antes de ser certificada.

Unha vez rematado o prazo de presentación de instancias e demais documentación non se admitirá ningunha modificación nas peticións formuladas. Non obstante o anterior, admitirase renuncia á par

ticipación no concurso de méritos específico dentro do prazo establecido para as reclamacións sinaladas no punto oitavo, entendendo que tal renuncia afecta a tódalas peticións formuladas.

Quinto.-Aínda que se concurse a máis dunha praza os concursantes presentarán unha única instancia por duplicado e unha folla de alegación e autobaremación, axustadas ós modelos que se publican como anexos III e IV e simultaneamente presentarán, para a demostración dos méritos, os documentos que se indican no baremo que aparece como anexo II.

Os concursantes presentarán ademais:

-Proxecto de traballo sobre as liñas básicas de actuación para o desenvolvemento das funcións inherentes ó posto de asesor que se solicita, tendo en conta as competencias sinaladas no Decreto 213/1998, do 10 de xullo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, cunha extensión máxima de 20 folios.

Tódalas fotocopias que se remitan deberán ir acompañadas das dilixencias de compulsa, expedidas polos directores dos centros ou das delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Non se admitirá ningunha fotocopia que careza de dilixencia de compulsa.

Sexto.-A selección dos aspirantes será realizada por unha comisión que presidirá o secretario xeral ou persoa en que delegue, e da que formarán parte:

-4 vocais coa categoría de subdirectores xerais ou xefes de servicio da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

-Un funcionario da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que actuará como secretario, con voz e sen voto.

-Os sindicatos integrantes da mesa sectorial de persoal docente non universitario poderán nomear un representante para asistir ás sesións da comisión.

Sétimo.-Para a valoración dos puntos 1, 2, 3.1, 3.2, 4.1 do baremo establecido no anexo II, a comisión de selección delega esta función nunha subcomisión formada por funcionarios da Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Unha vez feita esta, os resultados serán publicados nos taboleiros de anuncios da consellería e das delegacións provinciais, sinalando a relación de excluídos e a causa da súa exclusión, e establecendo un prazo de dez días naturais desde a súa exposición para presenta-las reclamacións que procedan.

Tódolos aspirantes que obteñan unha puntuación mínima de 4 puntos no proxecto serán convocados pola comisión de selección á celebración dunha entrevista para mellor aprecia-las circunstancias que concorren neles, e que versará sobre o proxecto presentado.

Oitavo.-Os membros da comisión e subcomisión estarán suxeitos ás causas de abstención e recusación establecidas nos artigos 28 e 29 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e terán dereito

a percibir asistencias e axudas de custo por concorreren ás sesións, conforme o Decreto 299/1990, do 24 de maio, estando cualificadas na categoría primeira.

Noveno.-Aqueles aspirantes que non acaden unha puntuación mínima de 4 puntos no proxecto e de 4 puntos na entrevista non poderán ser propostos pola comisión, sendo seleccionados aqueles aspirantes que obtendo as puntuacións mínimas sinaladas acaden as maiores puntuacións no total dos puntos que se teñan en conta no baremo establecido no anexo II, para a praza que solicitan.

Décimo.-No caso de producirse empates no total das puntuacións outorgadas, estes resolveranse, atendendo sucesivamente e por esta orde á maior puntuación nos puntos 6, 1, 3.3, 4.2, 3.1, 3.2, 4.1 e 2.

Décimo primeiro.-Unha vez realizado todo o proceso anterior, a comisión de selección proporá ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria a adxudicación de postos, que será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, e pola que se entenderán notificados, para tódolos efectos, os concursantes ós que lles afecte.

Décimo segundo.-O prazo máximo para notifica-la resolución deste procedemento será de seis meses contados desde o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, tendo efectos desestimatorios a falta de resolución expresa nese período.

Décimo terceiro.-As prazas adxudicadas son con carácter definitivo, polo que os seleccionados deberán incorporarse ás prazas obtidas, con data do 1 de setembro do ano 2000, cesando no seu destino de procedencia o 31 de agosto do mesmo ano. No caso de supresión futura da praza, terán dereito preferente a outra praza na localidade ou zona de procedencia ou na do posto que se suprime, segundo opción do interesado.

Décimo cuarto.-Esta disposición entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

Nº do

posto

Denominación da praza de asesor

Nº de

prazas

Requisito

Destino

Funcións

01Asesor técnico na xestión das novas tecnoloxías para a educación.2-Coñecementos de ferramentas informáticas: bases de datos, procesadores de texto, follas de cálculo.-Experiencia no desenvolvemento de actividades relacionadas coa introducción das novas tecnoloxías na educación.-Coñecementos básicos de estatística para a organización de datos e obtención de resultados e productos estatísticos.Secretaría Xeral (Servicio de Planificación e de Sistemas de Información)-Apoio á xestión académica (alumnos, profesores e persoal laboral) dos centros educativos.-Asesoramento nos contidos, materiais curriculares e programas educativos axeitados que se deben poñer na Rede da Educación Galega.-Organiza-la recollida de datos e elaborar e explota-las estatísticas propias desta consellería seguindo a normativa vixente, recollida no Decreto 213/1998, do 10 de xullo, da Consellería de Eduación e Ordenación

Universitaria.-Participación na elaboración de materiais didácticos de apoio ó proceso de ensinanza-aprendizaxe das NTI (Novas Tecnoloxías da Información).

02Asesor técnico na descrición e control da calidade do equipamento escolar, almacenamento e distribución deste.2-Coñecementos en deseño e análises do sistema informático de xestión de almacéns a nivel de usuario.Secretaría Xeral (Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento)-Asesoramento sobre as competencias da S.X. de Construccións e Equipamento establecidas no Decreto 213/1998, do 10 de xullo.

03Asesor técnico en materia de persoal de educación infantil, primaria e primeiro ciclo da ESO.1Coñecementos informáticos a nivel de usuario.Dirección Xeral de PersoalAsesoramento sobre as competencias da D.X. de Persoal establecidas no Decreto 213/1998, do 10 de xuño.

04Asesor técnico en materia de persoal de educación secundaria, formación profesional e ensinanzas especiais.3Coñecementos informáticos a nivel de usuario.Dirección Xeral de PersoalAsesoramento sobre as competencias da D.X. de Persoal establecidas no Decreto 213/1998, do 10 de xuño.

05Colaborador na avaliación de programas e institucións educativas.1-Licenciado en pedagoxía, psicopedagoxía ou psicoloxía ou no campo das humanidades.-Manexo de programas informáticos, tratamento de textos, follas de cálculo e base de datos.Dirección Xeral de Centros

e Inspección Educativa.

-Colaborar no seguimento dos procesos de avaliación nos que participe a Inspección Central.-Colaborar na elaboración de informes relativos ós procesos de avaliación.-Aqueloutras que se lle encomenden no ámbito das súas competencias.-Colaborar no deseño, análise e execución dos procesos de

avaliación que participa a Inspección Central.

06Colaborador no seguimento de

procesos de avaliación.

1-Enxeñeiro superior ou licenciado no ámbito das matemáticas ou das ciencias.-Manexo de programas informáticos, tratamento de textos, follas de cálculo e base de datos.Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa.-Colaborar no seguimento dos procesos de avaliación nos que participe a Inspección Central.-Colaborar na elaboración de informes relativos ós procesos de avaliación.-Aqueloutras que se lle encomenden no ámbito das súas competencias.

07Asesor técnico de ensinanzas artísticas.1-Pertenza ó corpo de profesores de música e artes escénicas.-Dominio da informática a nivel de usuario.Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa.-Apoio técnico na análise dos expedientes de autorización para apertura de novos centros.-Apoio técnico na elaboración da normativa referida á organización e funcionamento dos centros.-Apoio técnico para as convocatorias de axudas ó sostemento dos centros de réxime especial non dependentes da consellería.-Apoio técnico nas tarefas de programación do mapa escolar de centros de ensinanzas de réxime especial.-Colaboración con aquelas unidades da consellería que requiran apoio e asesoramento en materias relacionadas coas ensinanzas anteriormente indicadas.-Aqueloutras que se lle encomenden no ámbito das súas competencias.

08Asesor técnico de medios informáticos e de comunicación.1-Coñecemento das tecnoloxías informáticas e de comunicación e experiencia na súa aplicación no sistema educativo.-Coñecemento de ferramentas informáticas: bases de datos, follas de cálculo, etc.-Coñecemento básico de estatística para a organización de datos e obtención de resultados e productos estatísticos.-Experiencia no desenvolvemento de actividades relacionadas coa introducción das novas tecnoloxías na educación.Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa.-Coordina-las diferentes actuacións que se realicen en materia de equipamentos educativos con soporte informático, multimedia e/ou de comunicacións.-Mantemento e actualización das bases de datos do rexistro de centros de niveis non universitarios.-Administrar e mante-los equipos e aplicacións informáticos utilizados para a xestión de equipamentos docentes e expedición de títulos académicos.

-Explotación de datos estatísticos referentes ós equipamentos educativos, unidades, programas e centros e expedición de títulos.

Nº do

posto

Denominación da praza de asesor

Nº de

prazas

Requisito

Destino

Funcións

09Asesor técnico das necesidades de equipamento escolar de centros docentes públicos de nivel non universitario.2Coñecementos informáticos a nivel de usuario.Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa.-Asesoramento sobre as competencias da D.X. en materia de equipamento de centros públicos de nivel non universitario establecidas no Decreto 213/1998, do 10 de xuño.

10Asesor técnico de medios informáticos e de comunicación.2-Amplo coñecemento das tecnoloxías informáticas e de comunicación e experiencia na súa aplicación no sistema educativo non universitario.-Experiencia no deseño e na realización ou elaboración de currículos de materiais didácticos e educativos en soportes informáticos así como na montaxe de sistemas informáticos e de comunicación para dar soporte ás actividades de difusión dos programas educativos.Dirección Xeral de Ordenación Educativa e FP.-Coordina-las diferentes actuacións que se realicen en materia de recursos educativos con soporte informático, multimedia e/ou de comunicacións.-Deseña-la formación que se impartirá ós usuarios de recursos educativos informáticos e multimedia.-Apoiar con tecnoloxías informática, multimedia e de comunicacións a realización de accións de divulgación dos programas educativos.-Administrar e mante-los equipos e aplicacións

informáticas utilizados na elaboración de recursos educativos e para a formación a distancia.

11Asesor técnico de medios audiovisuais.1-Coñecemento profundo das tecnoloxías audiovisuais de aplicación no sistema educativo.-Experiencia na aplicación dos medios audiovisuais dentro do sistema educativo non universitario.Dirección Xeral de Ordenación Educativa e FP.-Realizar programas educativos/divulgativos en soporte audiovisual e aplicacións multimedia informativas.-Coordina-las diferentes actuacións que se realicen en materia de recursos educativos con soporte audiovisual.-Apoiar con tecnoloxías audiovisuais e multimedia a realización de accións de divulgación dos programas educativos.

12Asesor técnico de orientación profesional.1-Ser funcionario do corpo de ensino secundario da especialidade de psicoloxía e pedagoxía.Dirección Xeral de Ordenación Educativa e FP.-Coordina-las actuacións para o desenvolvemento do plan de orientación profesional.-Elaboración e actualización de bases de datos no campo da orientación profesional e da inserción laboral.-Colaborar no deseño de actividades de formación dirixidas á orientación profesional e á insercción laboral.-Deseñar materiais de apoio para a orientación e inserción laboral.

13Asesor técnico de recursos didácticos e lingüística.1-Licenciado en filoloxía galega.-Experiencia na elaboración e desenvolvemento de currículos.Dirección Xeral de Ordenación Educativa e FP.-Asesoramento en materia de recursos didácticos.-Asesoramento en materia das linguaxes específicas das profesións.

14Asesor técnico en materia de formación e educación de adultos.1-Experiencia na formación de persoas adultas.Dirección Xeral de Ordenación Educativa e FP.-Coordinación nas diferentes actuacións en materia de formación de adultos, nas modalidades presencial e a distancia.

15Asesor técnico en materia de apoio e orientación ós estudiantes universitarios.1-Licenciado.-Coñecementos informáticos a nivel de usuario.Dirección Xeral de Universidades-Asesoramento sobre as competencias da D.X. de Universidades establecidas no Decreto 213/1998, do 10 de xuño.

16Asesor técnico en materia de autorización de estudio na Comunidade Autónoma.1-Licenciado.-Coñecementos informáticos a nivel de usuario.-Coñecemento en informes de creación de universidades, centros universitarios e autorización de estudios na Comunidade Autónoma.Dirección Xeral de Universidades-Asesoramento sobre as competencias da D.X. de Universidades establecidas no Decreto 213/1998, do 10 de xuño.

17Asesorías técnicas para estudio e difusión de:

1) Fraseoloxía.

2) Corrección textual.

3) Recuperación literaria.

4) Didáctica de lingua.

4-1), 2) e 3) licenciatura en filoloxía e especialización na área de coñecemento respectiva.-4) licenciado en filoloxía ou ciencias da educación e especialización en didáctica lingüística.Dirección Xeral de Política Lingüística-Asesoramento dentro do establecido no Decreto 25/1993, do 11 de febreiro, polo que se crea o Centro Ramón Piñeiro.

18Asesor técnico para a edición e difusión da Revista Galega do Ensino.1-Mestre ou profesor de ensino secundario.-Posuír acreditación de especialización en xestión directiva e de coordinación de accións de difusión.Dirección Xeral de Política Lingüística-Traballos realizados ó abeiro do Decreto 213/1998, do 10 de xullo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Dirección Xeral de Política Lingüística).

19Asesor técnico para museística pedagóxica.1-Mestre e licenciado en ciencias da educación e con especialidade de orientación escolar e xestión directiva.Dirección Xeral de Política Lingüística-Traballos realizados ó abeiro do Decreto 213/1998, do 10 de xullo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Dirección Xeral de Política Lingüística).

ANEXO II

Conceptos

Puntuación

Total puntos

máximo

Documentos xustificativos

1. Antigüidade:

Por cada ano de servicios efectivos prestados na situación de servicio activo como funcionario de carreira dun corpo docente

0,50 puntos3 puntos

2. Méritos académicos:

2.1. Polo título de doutor

2.2. Titulacións de segundo ciclo: por cada licenciatura, enxeñería, arquitectura ou títulos declarados legalmente equivalentes

2.3. Titulacións de primeiro ciclo: pola segunda diplomatura ou os 3 primeiros cursos dunha licenciatura

1 punto

0,5 puntos

0,25 puntos

2 puntosCopia compulsada das titulacións alegadas.

3. Formación e perfeccionamento:

3.1. Por cursos superados que teñan por obxecto o perfeccionamento sobre os aspectos científicos e didácticos, organizados polas administracións educativas que se atopen en pleno exercicio das súas competencias en materia educativa, por institucións sen ánimo de lucro que fosen homologadas polas administracións precitadas, así como os organizados polas universidades (0,10 puntos por cada 10 horas de cursos superados acreditados)

3.2. Por outras actividades de formación e perfeccionamento en materia educativa, incluída a impartición de cursos

3.3. Por actividades de formación específica directamente relacionadas co posto de asesor ó que se pretende acceder

Ata 2 puntos

Ata 1 punto

Ata 3 puntos

6 puntosCopia compulsada da documentación alegada.

4. Publicacións, proxectos, innovacións técnicas:

4.1. Por publicacións de carácter didáctico ou científico, proxectos e innovacións técnicas, de carácter xeral

4.2. Por publicacións de carácter didáctico ou científico, proxectos e innovacións técnicas, relacionadas coa praza que se solicita

(Deberán conte-lo ISBN, agás as excepcións contempladas na lexislación vixente)

Ata 1 punto

Ata 2 puntos

3 puntosDocumentación orixinal.

5. Por cada ano de servicio en postos da Administración educativa relacionados coas funcións do posto de asesor que solicita

0,20 puntos

2 puntos

Certificación de servicios ou nomeamento.

6. Proxecto de traballo e entrevista:

O proxecto de traballo, ademais dos aspectos xerais do sistema educativo e dos sinalados no punto quinto desta orde, deberán conte-los obxectivos, planificación xeral, actividades, xustificación e definición á que corresponde a praza que se solicitao

(puntuación mínima esixida por este apartado: 4 puntos no proxecto e 4 puntos na entrevista)

Ata 6 puntos polo proxecto

Ata 6 puntos pola entrevista

Ata 12 puntosOrixinal, cunha extensión máxima de 20 folios.

Concepto

Puntuacións

parciais

Total

1. Antigüidade.

(Máximo 3 puntos)

Por cada ano de funcionario de carreira no corpo docente

0,50

2. Méritos académicos.

(Máximo 2 puntos)

2.1. Polo título de doutor

1
2.2. Titulacións segundo ciclo0,5
2.3. Titulacións primeiro ciclo0,25

3. Formación e perfeccionamento.

(Máximo 6 puntos)

3.1. Por cursos superados que teñan por obxecto o perfeccionamento sobre os aspectos científicos e didácticos, organizados polas administracións educativas (0,10 puntos por c/10 horas)

Ata 2 puntos
3.2. Por outras actividades de formaciónAta 1 punto
3.3. Por actividades de formación específica directamente relacionadas co posto de asesor ó que se pretende accederAta 3 puntos

4. Publicacións, proxectos, innovacións técnicas.

(Máximo 3 puntos)

4.1. Por publicacións de carácter didáctico, de carácter xeral

Ata 1 punto
4.2. Por publicacións de carácter didáctico relacionadas coa praza que solicitaAta 2 puntos

5. Servicios como asesor.

(Máximo 2 puntos)

Por cada ano de servicio en postos da Administración educativa relacionados coas funcións do posto de asesor que solicita

0,20