Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 07 de abril de 2000 Páx. 4.910

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria con data do 9 de marzo de 2000 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente, por instancia de Manuel Freijeiro Mato o proxecto de urbanización do sector A-6 do PXOU de Ourense, coas condicións técnicas fixadas pola Concellería de Medio Ambiente no seu informe de data 11 de xaneiro de 2000 e logo de constitución de garantía polo importe de 1.072.000.000 de pesetas, mil setenta e dous millóns de pesetas para asegura-la correcta execución das obras e o seu carácter previo ou simultáneo coas da edificación debendo visarse no colexio profesional correspondente o proxecto antes da aprobación definitiva.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo dun mes que comezará a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que estimen pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 24 de marzo de 2000.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde