Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 07 de abril de 2000 Páx. 4.910

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

O Concello de Oleiros convoca un concurso de ideas con posterior adxudicación ó gañador do seguinte traballo:

Obxecto: traballos de redacción do Plan parcial para o desenvolvemento do SUP-2R de Meixonfrío, en Sta. Cruz (Liáns).

Orzamento de licitación: 3.275.000 ptas. (IVE incluído), de conformidade cos seguintes conceptos:

O concurso de ideas estará dotado cos seguintes premios:

Primeiro premio: 500.000 ptas. por conta da contratación dos traballos de redacción do Plan parcial de Meixonfrío, por un importe total de 2.900.000 ptas. (incluido o IVE).

Segundo premio: 225.000 ptas.

Dous accésit: 75.000 ptas. cada un deles.

Fianzas.

Definitiva: 116.000 ptas.

Prazo de execución: o gañador do concurso de ideas deberá realiza-los traballos de redacción do plan parcial nos seguintes prazos:

-Entrega do documento para a súa aprobación inicial: 2 meses.

-Informe de alegacións: 15 días.

-Elaboración do texto refundido no suposto de resultar necesario para a súa remisión a informe da Xunta: 15 días.

-Refundición do documento final: 15 días.

Prazo de presentación dos traballos: o prazo de presentación dos traballos para o concurso de ideas será de corenta e cinco (45) días naturais contados a partir do día seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación, xa sexa no BOP ou no DOG, rematando ás 13 horas.

Prego de condicións: poderá recollerse na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros, desde as 9 ata as 13 horas.

Os gastos de publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Oleiros, 27 de marzo de 2000.

Esther Pita Pita

Alcaldesa