Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 07 de abril de 2000 Páx. 4.904

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 13 de marzo de 2000 pola que se lle notifica a Lino Garea Souto a resolución acordada no expediente de desafiuzamento administrativo por non ocupación 20/1999 da vivenda do expediente C 136CD63, conta 1080.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, intentada a notificación no domicilio do interesado (rúa Violetas, bloque 35-portal 21-6º D no barrio das Flores na Coruña), sen que esta se puidese practicar, notifícaselle a Lino Garea Souto, beneficiario da vivenda de protección oficial identificada como expediente C 136CD63, conta 1080, a resolución do director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo do 11 de xaneiro de 2000, pola que se acorda a resolución de pleno dereito do contrato de acceso diferido da vivenda que lle foi adxudicada e o lanzamento dela por non destinala a domicilio habitual e permanente.

Contra a citada resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta cédula, conforme o que establecen os artigos 107, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

De conformidade co disposto no artigo 58.2º da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, transcríbese o texto íntegro da dita resolución:

«Expediente de desafiuzamento administrativo

non ocupación 20/1999

Resolución

Vistas as actuacións practicadas no expediente de desafiuzamento 20/1999, consonte os seguintes

Antecedentes de feito.

1. En data 25 de febreiro de 1999, como consecuencia da solicitude de regularización presentada ó

abeiro do Decreto 123/1998, do 16 de abril, por José Luis Garea Quintela, dictouse acordo de iniciación de expediente de desafiuzamento contra Lino Garea Souto por non destinar a domicilio habitual e permanente a vivenda de protección oficial da que é titular, identificada como expediente C-136-CD/63, conta número 1080.

2. Por resultar descoñecido o domicilio do agora expedientado, en data 5 de abril de 1999 foi publicado o dito acordo no DOG e no taboleiro de edictos do correspondente concello, conforme o establecido polo artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non sendo presentadas alegacións.

3. En data 9 de xullo de 1999, a instructora do expediente emitiu proposta de desafiuzamento e resolución do contrato que -foi publicada no DOG do 17 de novembro de 1999 e no taboleiro de edictos do concello- non foi contestada dentro do prazo outorgado para iso.

Fundamentos de dereito.

1. É competente para a resolución do presente expediente o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, en virtude das facultades previstas na Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do instituto, e no Decreto 70/1997, de estructura orgánica do organismo antedito, modificado por Decreto 258/1999.

2. Os feitos probados constitúen causa suficiente de desafiuzamento conforme o disposto no artigo 30.6º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, texto refundido da lexislación de VPO, e no artigo 138.6º do regulamento, aprobado por Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

3. Na tramitación do expediente observáronse as normas vixentes contidas nos artigos 138 a 144 do Regulamento de VPO aprobado por Decreto 2114/1968, do 24 de xullo; no artigo 30 do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro; na Lei 30/1992, do 26 de novembro, e 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común; e no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Vistos os preceptos legais invocados e demais normas de aplicación xeral,

RESOLVO:

1. Acorda-la resolución de pleno dereito do contrato de acceso diferido da vivenda identificada como expediente C-136-CD/63, conta número 1080, da que é titular Lino Garea Souto, por non destinala a domicilio habitual e permanente.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada conforme os artigos 107.1º e 114 a 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da recepción da notificación.

Notifíqueselles esta resolución ós interesados con expresión dos requisitos esixidos polo artigo 48.2º da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

En Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2000. José Antonio Redondo López. Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo».

En Santiago de Compostela o 13 de marzo de 2000.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo