Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 07 de abril de 2000 Páx. 4.897

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2000, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador de montes MV-43/1999-C.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución do dito expediente por infracción da Lei de montes do 8 de xuño de 1957.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992 citada, poderá interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso de alzada sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

2. O importe da sanción deberá ser ingresado no prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte a aquel en que a resolución sexa firme na conta nº 2091.0388.90.3110001181 de recadación de multas e sancións que a Xunta de Galicia ten na Caixa de Galicia. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Para efectualo, deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nas delegacións da Consellería de Medio Ambiente e nas oficinas

desta dirección xeral, sita en San Lázaro s/n, en Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2000.

Tomás Fernández-Couto Juanas

Director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural

ANEXO

Expediente sancionador: MV-43/1999-C.

Artigo infrinxido: 410 do Regulamento de montes.

Contía da sanción: trinta e seis mil (36.000) pesetas.

Contía da indemnización: trinta e seis mil (36.000) pesetas.

Denunciado: Andrés Yánez Creo.

DNI: 33.108.936.

Último enderezo coñecido: Sandrenzo, 27, 15930 Boiro (A Coruña).