Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 07 de abril de 2000 Páx. 4.895

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica a resolución do expediente P-162/1999, incoado por infracción a Lei de pesca fluvial e devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a resolución do dito expediente, por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial.

Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes contado a partir do día siguiente ó desta publicación, poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente (Decreto 482/1997, do 30 de decembro, DOG do 8-1-1998, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente). Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo dentro do prazo dun mes contado desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 2091-0388-90-3110001181 de Caixa Galicia. De non facelo dentro do prazo sinalado pro

cederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Para proceder ó aboamento da sanción, deberá utiliza-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla, nº 70-1ª planta.

ANEXO

Expediente nº: P-162/1999.

Denunciado: Ángel Domínguez Rey.

DNI: 34.147.325.

Enderezo: r/ Valencia, nº 580-1º, Barcelona.

Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca con cana no encoro de Belesar, sen estar en posesión da preceptiva licencia en vigor. Feitos contados o día 11-8-1999 en Paradela (Lugo).

Precepto sancionador: artigo 34.1º da Lei 7/1992.

Cualificación: menos grave.

Sanción: 50.001 ptas. de multa.

Inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante un ano.

Artes comisadas: unha cana e un carrete depositados nas dependencias da Delegación Provincial de Medio Ambiente de Lugo.

Lugo, 28 de febreiro de 2000.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo