Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 07 de abril de 2000 Páx. 4.893

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, de notificación do acordo de iniciación do expediente sancionador de epizootias OU-T-17/2000.

De conformidade co estipulado no artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que modifica a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE do 23 de decembro), e do seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, polo R.D. 1665/1976, do 7 de maio (BOE do 21 de xuño), polo que se actualizan as sancións, posto que, intentada a notificación, esta non puido ser efectuada polo servicio de correos.

Noméase instructora do procedemento a María Isabel Biempica González, funcionaria desta delegación provincial, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstacias previstas no artigo 29 da Lei 30/1992 citada.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería. O interesado disporá dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poida examina-lo expediente na delegación provincial desta consellería, sita na rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6 baixo, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas coide convenientes na defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da postestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993 ( BOE nº 189, do 9 de agosto), de non se efectuaren alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario poderá implica-la terminación do procedemento. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, no enderezo indicado.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto.

Ourense, 13 de marzo de 2000.

José Manuel Baltar Blanco

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-T-17/2000.

Interesado: Antero Alves Carneiro.

DNI: 3.111.220.

Último enderezo coñecido: Cela Chaves. Vila Real. Portugal.

Feitos denunciados: transportar desde o mercado de Verín a Portugal no vehículo matrícula 69-04-AO, catro cabezas de gando porcino, carecendo da autorización oficial de traslado e sen esta-lo vehículo inscrito no Rexistro da Xefatura de Gandería.

Tipificación da infracción: artigos 32 e 52 do Regulamento de epizootias. Artigos 1 e 3 do Decreto 355/1994, do 4 de decembro (DOG nº 240, do 15 de decembro). Artigo 1 da Orde do 23 de agosto de 1995 (DOG nº 169, do 4 de setembro).

Sanción: vinte mil pesetas (20.000.) ptas.