Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 07 de abril de 2000 Páx. 4.874

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2000 pola que se convoca concurso para a contratación da subministración de 100 ordenadores persoais e 50 impresoras con destino á Dirección Xeral de Orzanización e Sistemas Informáticos.

1. Obxecto: contratación da subministración de 100 ordenadores persoais e 50 impresoras con destino á Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos.

2. Orzamento de licitación: 25.000.000 de pesetas, IVE incluído.

3. Prazo de execución: 30 días naturais a partir da adxudicación do contrato.

4. Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá examinarse na Subdirección Xeral de Planificación e Coordinación Informática da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita na Casa da Radio, s/n, San Caetano, en Santiago de Compostela.

As copias da documentación poderán solicitarse en Copy Belén r/ Rosalía de Castro 29-31 (Galerías Belén), Santiago de Compostela, teléfono: 981 59 99 24, mediante o aboamento do importe que corresponda.

5. Fianza provisional: 500.000 pesetas.

6. Fianza definitiva: 1.000.000 de pesetas.

7. Modelo de proposición: o que figura como anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse, en sobre pechado, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sito na planta baixa do edificio administrativo central do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión de proposicións rematará ás catorce horas do día que resulte ó contar vinteseis días naturais a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

No exterior dos sobres expresarase o seguinte texto:

«Proposición para tomar parte no concurso convocado pola Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia para a contratación da subministración de 100 ordenadores persoais e 50 impresoras con destino á Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos, que presenta D./Dona... en nome... (propio ou da entidade que representa)».

9. Apertura de proposicións: en acto público, na sala B de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública (semisoto do edificio central de San Caetano), ás trece horas do terceiro día hábil seguinte ó do peche do prazo de presentación de proposicións, que non coincida nin en sábado nin en festivo.

O importe do anuncio relativo a este concurso será por conta do adxudicatario, que deberá aboalo con anterioridade á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2000.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia e

Administración Pública