Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 07 de abril de 2000 Páx. 4.874

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2000 pola que se nomea catedrático de universidade da área de coñecemento de dereito civil, do departamento de Dereito Común, a Mary Paz García Rubio (praza 1678/1999).

De conformidade coa proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 21 de xuño de 1999 (BOE do 7 de xullo), para a provisión da praza de catedrático de universidade da área de coñecemento de dereito civil, do departamento de Dereito Comúnm da Universidade de Santiago de Compostela, a favor de Mary Paz García Rubio e tendo en conta que o interesado cumpre os requisitos ós que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Mary Paz García Rubio catedrático de universidade da área de coñecemento de dereito civil, do departamento de Dereito Común, da Universidade de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2000.

F. Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela