Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 06 de abril de 2000 Páx. 4.819

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/62-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C., R.B.T. Roxos-

A Igrexa.

Situación: Santiago de Compostela.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x95) mm Al, de 365 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 36 da liña de dobre circuíto Santiago de Compostela-Negreira e final no C.T. Roxos-A Igrexa, que se vai instalar. Centro de transformación, en caseta prefabricada de formigón de 250 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, en Roxos-A Igrexa, do que partirá rede de baixa tensión, subterránea, en conductor R.V. de 270 m de lonxitude que enlazará coa rede existente. Santiago de Compostela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 6 de marzo de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña