Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 06 de abril de 2000 Páx. 4.819

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/61-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.A., C.T.I. e R.B.T.A. O Roxal.

Situación: Neda.

Características técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 8 m de lonxitude, con orixe na liña A Fervenza-Vilallante (expediente 33231) e final no C.T. O Roxal, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA e tensións de 15/20/0,380-0,220 kV, no Roxal. Liña de baixa tensión, sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. de 1.350 m de lonxitude, con orixe no C.T. O Roxal I e discorrendo polo lugar do Roxal. Liña de baixa tensión, sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. de 1.323 m de lonxitude, con orixe no C.T. O Roxal II e discorrendo polo lugar do Roxal. Neda.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 6 de marzo de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña